En pleno boom da Intelixencia Artificial probablemente te preguntas como aproveitar as súas vantaxes no teu día a día. Pode a IA axudar a redactar un correo ou resumir un informe de forma segura e fiable? Pode!, e Microsoft 365 Copilot é un bo exemplo de como usar a IA nas tarefas máis habituais.
Unha nova era necesita novas ferramentas capaces de responder aos novos desafíos e necesidades.
Por que Copilot? Porque igual que os/as copilotos axudan aos/ás condutores/as, Copilot representa a nova forma de axudarnos coa tecnoloxía da Intelixencia Artificial.
Trátase dun sofisticado motor de procesamento que combina os modelos das linguaxes grandes (LLM), incluído GPT-4, coas aplicacións de Microsoft 365 e os datos da organización contidos en Microsoft Graph e procesados dende as aplicacións de Microsoft 365.Unha maneira innovadora de facer máis accesible a tecnoloxía e converter as palabras nunha poderosa ferramenta de produtividade.
E todo iso sen grandes complicacións nin cambios traumáticos para a empresa nin para o/a empregado/a.
Como funciona e se integra Microsoft 365 Copilot na túa empresa
Copilot baséase nos datos do teu propio negocio, que conecta aos LLM de maneira segura e respectando sempre a privacidade.
Microsoft 365 Copilot ten acceso en tempo real ao seu contido e ao seu contexto en Microsoft Graph para así poder dar respostas e solucións relevantes e actualizadas.
En cuestión de seguridade, Copilot é similar a Micrososft 365, onde está integrado, e do que herda políticas, procesos e proteccións de privacidade. Ademais, o seu modelo de permisos atende de maneira especial ao coidado de información grupal e individual e evita a fuga de datos.
Dende un punto de vista práctico, Copilot está acoplado nas aplicacións que millóns de persoas usan cada día, como Word, Excel, Outlook ou Teams.
Pero ademais desta integración estándar, Copilot chega con novidades adicionais especialmente interesantes que aproveitan as vantaxes da Intelixencia Artificial.
Novidades con Microsoft 365 Copilot
Unha delas é Microsoft 365 Chat, que interactúa coas aplicacións habituais a través da linguaxe natural e de forma independente dende Teams ou dende o mesmo navegador Edge. Por exemplo, atende peticións de voz como "recompila os meus correos recibidos hoxe". Tamén é capaz de recompilar e analizar todos os datos que se comparten nos chats da empresa.
Porque Copilot pode crear, resumir, analizar, colaborar e automatizar utilizando o contexto e o contido empresarial específico. Pero tamén sabe traballar entre aplicacións e aprender novas habilidades.
Outra novidade significativa está relacionada coa súa integración con Microsoft Viva. Copilot en Viva Engage equipará os líderes con ideas interesantes para iniciar conversacións baseadas en sentimentos e temas de actualidade nas comunidades e conversacións do lugar de traballo.
É dicir; as funcións de sempre e outras novas, melloradas e ampliadas grazas á Intelixencia Artificial.
Vantaxes de Microsoft 365 Copilot
Levado á práctica, Microsoft 365 Copilot ofrece un bo lote de vantaxes interesantes para as empresas.
• Impulsa a creatividade e achega máis datos grazas a novas opcións e funcionalidades.
Por exemplo, para que nunca empeces de cero, Copilot en Word ofréceche xa un primeiro borrador para editar; unha información inicial a modo de documentación e introdución que logo podes redactar e modificar ao teu gusto.
Copilot en PowerPoint dálle un toque diferente ás túas presentacións, agregando notas ou datos diferentes e/ou propios que, en moitos casos, mesmo esqueceras.
Copilot en Excel vai máis aló dos teus datos de cálculo analizando tendencias ou configurando informes con visualizacións máis completas e detalladas.
• Optimiza o teu tempo.
A Copilot en Outlook pódeslle pedir que resuma correos ou os escriba á túa maneira coa opción "Soa coma min". E se non podes asistir a unha reunión en Teams, notifica aos participantes para que a graven e avísate cando está lista a gravación.
Copilot in Loop é un competente aliado para traballar en equipo. Lembra indicacións e revisa interaccións para que todos saiban en que punto exacto se atopa o traballo ou o proxecto.
Copilot en OneNote axuda a manterse organizado, preparado e listo para actuar, con datos complementarios para as túas notas e unha óptima ordenación.
Para extraer rapidamente os coñecementos e a información que necesitas dun vídeo, tes Copilot in Stream.
E para dispoñer dos datos que necesitas sen ter que abrir un arquivo, Copilot en OneDrive.
• Incrementa a produtividade.
Sabías que cada día dedicamos aproximadamente só un 20% do noso tempo a tarefas importantes e a maior parte das nosas horas ocupámolas en actividades pouco relevantes?
Copilot axúdanos a compensar esta paradoxa. Achéganos suxestións de respostas a correos electrónicos e mesmo pode xerar chatbots.
• Potencia as habilidades de alto nivel.
Copilot utiliza de forma práctica unha chea de aplicacións e comandos, máis aló dos coñecidos e habituais, abrindo así a porta a novas oportunidades e coñecementos.
Grazas a todas estas funcionalidades, Microsoft 365 Copilot convértese nun eficaz asistente no teu traballo. Unha boa ferramenta para gañar en produtividade grazas á Intelixencia Artificial.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.