Baixo o lema 'Data Driven Companies, benvido ao futuro dixital' analizamos en diferentes mesas temáticas e a través de demostracións de casos reais como as tecnoloxías habilitadoras como Big Data, IoT ou a Intelixencia Artificial son xa unha realidade nas empresas.
Cara á empresa dixital
Analizamos as claves tecnolóxicas que nos permitirán avanzar no proceso de transformación dixital das nosas empresas e veremos tamén como podemos transformar os nosos produtos en servizos dixitais para atender mellor ás necesidades dunha sociedade cada día máis dixitalizada.
Intelixencia Artificial aplicada
Como aplicar a Intelixencia Artificial na túa empresa e no teu negocio dunha forma rápida, eficiente e sen custos elevados, tanto para poder aproveitar ao máximo a automatización operativa como para mellorar a experiencia de cliente e para unha mellor toma de decisións mediante información preditiva.
5G e as comunicacións do futuro
Cales son as comunicacións que nos van a permitir dispoñer dunha empresa completamente conectada e sensorizada? Abordamos as vantaxes e o estado actual do 5G, as redes IoT e as redes definidas por software.
Nova normalidade
Neste atípico ano 2020, as empresas necesitades dispoñer e coñecer as ferramentas tecnolóxicas que vos permitan garantir a actividade empresarial e a seguridade de empregados e clientes nun escenario de alerta sanitaria e distanciamento social.
Cloud Híbrida e Servizos IT
A día de hoxe, a mellor forma de dispoñer dos recursos tecnolóxicos necesarios para as empresas é a combinación de centros de datacenters próximos ás localizacións dos clientes, tal é o caso do Grupo Euskaltel, cos principais players de cloud pública.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área Comercial Empresas.