Inmersos como estamos en plena era da transformación dixital, é necesario que entendamos e nos adaptemos ás necesidades dos negocios e do mercado. En R dispoñemos da tecnoloxía máis avanzada no noso datacenter, con solucións en Bigdata, IoT ou Blockchain, e cunha plataforma única que garante a máxima seguridade para os nosos datos.
R é o teu asesor tecnolóxico integral que che acompaña no proceso continuo de transformación dixital do teu negocio.
Pero queremos estar aínda mellor preparados para axudarche a deseñar e desenvolver o teu plan estratéxico dixital. Para acompañarte neste camiño tecemos unha rede de alianzas coas principais empresas referentes no ámbito de cada actividade e que che iremos presentando no noso blog de agora en adiante.
Neste percorrido, a colaboración é tan indispensable como gratificante. E grazas a este traballo conxunto podemos ofrecerche:
- Desenvolvemento de pancas impulsoras do negocio e do crecemento: Servizos diferenciais cunha experiencia de usuario dixital e novos modelos de negocio con novas formas de ingresos dixitais e online.
- Mellora operacional e máxima competitividade: Emprego da tecnoloxía como habilitador para facer a empresa máis competitiva e rendible mediante a dixitalización e automatización dos procesos.
O obxectivo é axuntar esforzos, e brindarche as tecnoloxías máis avanzadas grazas ás alianzas que che benefician e che ofrecen a solución máis axeitada para cada caso.
Merkatu, aliado para a transformación dixital
Merkatu é unha consultora dixital especializada en estratexia, marketing e tecnoloxía, con 15 anos de experiencia e presenza en España e México. Conta cun equipo de profesionais altamente especializados en 4 divisións:
- Solucións e aplicacións tecnolóxicas que ofrecen servizos diferenciais para que teñas unha experiencia de usuario dixital que culmine en novos modelos de negocio e en novos xeitos de ingresos dixitais e online.
- Estratexia Dixital para expor unha folla de ruta que optimice retornos de investimento tras identificar a oportunidades que che ofrece a tecnoloxía .
- Big Data & Analytics, centrada no dato como activo máis importante das empresas. O rastro dixital é omnipresente a día de hoxe e permíteche obter toda a información do negocio e dos teus clientes en tempo real.
- Data Driven Marketing, a estratexia conxunta que necesitas para incrementar os teus ingresos e acelerar o marketing e as vendas.
Froito do traballo conxunto entre Merkatu e o Grupo Euskaltel, ao que R pertence, xorden proxectos 'chave en man' dende unha visión de 360º con empresas referentes no seu sector como "Café Fortaleza" e CAF.
En definitiva, a actividade de Merkatu céntrase en acompañar as organizacións nos procesos de transformación dixital e en facilitar a implantación das tecnoloxías que necesitan os negocios para obter os beneficios da dixitalización dende o primeiro momento.
Cada sector empresarial require de solucións específicas e en R Empresas escoitámoste para ofrecerche as ferramentas que máis se axustan ao teu negocio.
Que precisas? Contacta co noso equipo e buscaremos a solución máis axeitada para o teu caso.