Mental Page é unha plataforma dixital para escribir o teu diario persoal online. Ademais axúdache a organizar todas as túas ideas e a mellorar a túa produtividade profesional.

Cantas veces pensaches en anotar todo o que che sucede ao longo do día ou as ideas que che foron xurdindo para desenvolver nun futuro? Pois agora é o momento, non te esquezas de apuntar nada do que pase pola túa cabeciña.

Distintas aplicacións

Mental Page é un portal online que conta con once aplicacións web que che permiten dende escribir un diario ata establecer metas, obxectivos, listas de prioridades, táboas comparativas, etc. O obxectivo é alcanzar a autorrealización persoal e profesional. A plataforma garánteche o encriptado e a seguridade dos teus datos para que non se compartan como nas redes sociais.

Trátase dunha plataforma española. En concreto viu a luz en setembro de 2016 en Zaragoza, onde foi creada e deseñada. Moitos expertos na internet defínena como a antítese das rede sociais, xa que o seu contido non é “compartible".

O teu diario

A súa funcionalidade principal, e gratuíta, é a de escribir o teu propio diario. Podes escribir a túa propia biografía respondendo a 52 preguntas. O resultado será un resumo da túa vida ao longo dun ano.

En canto á túa vida profesional, poderás crear unha comparativa de diferentes experiencias de compra ou de venda, orzamentos ou o que a ti se che ocorra para poder a ver a evolución en diferentes épocas e poder tomar decisións baseadas nos datos.

Fitos

Tamén podes anotar fitos destacables da túa empresa ou negocio e crear desta forma liñas de tempo virtuais. Pero ademais poderás escoller entre outras funcionalidades como un contador gráfico de obxectivos, unha táboa comparativa para tomar decisións, un marcador de metas?.

Aínda non está dispoñible en aplicación móbil pero é accesible dende PC, portátil, tablet e móbil así que a que esperas para probalo e contarnos que che pareceu.

Ata a próxima!

Imaxe de Simson Petrol