A pandemia da covid vén de traspasar moitas barreiras empresariais de cara á dixitalización e á conectividade. Ten posto de relevo outras formas de traballar, como o teletraballo, as videoconferencias, a prestación de servizo en remoto, a interconectividade de cliente – provedor ou a automatización de procesos e/ou tarefas.
Está a aumentar a demanda e oferta de formación en dixitalización e industria 4.0, e o sector da oferta de servizos dixitais tívose que adaptar á pandemia axustando a súa oferta e os seus servizos, os programas de apoio á dixitalización tamén se adaptaron á Covid.
Nos programas relativos á dixitalización, creceron as axudas para desenvolver proxectos de teletraballo; amplíanse sectorialmente cada vez máis a empresas de sectores non industriais porque se ve que cómpre acelerar máis en todo o relacionado coa dixitalización.
A covid marca un antes e un despois neste eido. Nos meses de pandemia adiantamos 5 anos na dixitalización da economía, e é imprescindible subir ás pemes a este carro, para que todo funcione con normalidade no futuro en toda a cadea de valor e as pequenas e medianas empresas non queden descolgadas ao non poderen aguantar o ritmo do cambio.
Axudas a proxectos de dixitalización do Igape
A maior sensibilización empresarial ante a dixitalización, que se ve xa como algo imprescindible ao fío da covid, está a provocar que as administracións públicas aumenten os recursos destinados a programas de implementación dixital.
Neste sentido, o Igape (Instituto Galego de Promoción Económica) puxo en marcha o programa Cheques Dixitalización COVID-19 para axudar ás pemes de Galicia no uso da tecnoloxía que vos permita continuar coa vosa actividade.
Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación á situación creada pola covid mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en categorías como sistemas de control de presenza e capacidade de recintos, aplicacións de xestión baseados en Low code automation, notificacións no móbil, carteis electrónicos, atención remota, melloras na ciberseguridade ou solucións de conectividade e incorporación ao teletraballo.
Solucións avanzadas de R
En R, como asesor tecnolóxico, queremos axudarvos no desenvolvemento de todas estas solucións nas vosas empresas. Para iso poñemos ao dispor dos nosos clientes un servizo de asistencia integral na xestión destas axudas en todas as súas fases, o que significa que vos podedes despreocupar dos trámites e consultas para centrarvos no realmente importante, pois nós nos ocupamos de todo:
- O acompañamento técnico na selección das solucións e a elaboración da memoria técnica cos datos do negocio.
- O apoio administrativo na tramitación do proxecto co axente que financia e a xustificación posterior para liquidar a axuda.
Como socio tecnolóxico, ademais, podemos apoiarvos no proceso de adaptación ao teletraballo, e/ou a implantar outras solucións avanzadas que poderedes axustar ás necesidades particulares da vosa empresa para continuar coa actividade de maneira segura e eficaz.
Estas son algunhas das solucións que vos propoñemos:
- Cámaras termográficas fixas e portátiles para detección de temperatura.
- Control de accesos con sensores de temperatura e detector de metais ou cálculo de persoas, con especial atención na actualidade ás ferramentas de recoñecemento facial, que contan cun amplo abanico de opcións e prezos que cremos son acadables para boa parte das empresas.
- Rastrexo de persoas e distancia social para un espazo seguro e limpo para os teus clientes, empregados e provedores.
- Sistema de descontaminación con tecnoloxías antimicrobianas patentadas que conseguen a filtración química do aire protexendo ás persoas que se atopen nun lugar pechado.
- Control de capacidade de recintos, medicións en tempo real da capacidade dos locais, coa xeración de alarmas cando se pasen os límites de seguridade establecidos, con posibles analíticas de datos que che permitan coñecer mellor os comportamentos dos teus clientes e lanzar campañas de márketing.
Ademais, puxemos en marcha unha plataforma de teleformación, webinars e contidos que ofrecen a mellor experiencia de usuario coa plataforma smartmobiles, coa que podedes deseñar a vosa propia estratexia de formación usando múltiples formatos (audio, pdf, ligazóns), integrable cos sistemas de xestión da vosa empresa, escalable, con posibilidade de validación biométrica e que mesmo pode interactuar con mecanismos de voz como Alexa.
En definitiva, na nova era post-covid as empresas podedes atopar múltiples solucións de innovación seguras para adaptar a vosa empresa á nova realidade, tanto no caso de solucións de traballo presencial como para o teletraballo.
Se queres recibir máis información, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor.