Persoal na oficina, outra parte do grupo traballando en remoto... e cada cal cunhas necesidades distintas, unha conexión diferente e, posiblemente, moitos deles/as usando dispositivos propios. Neste contexto, non resultaría útil que os/as empregados/as puidesen usar os seus propios dispositivos (BYOD) e acceder ás aplicacións e contidos corporativos de forma segura?
MDM é a solución máis rápida e completa para a configuración de dispositivos móbiles cun acceso empresarial seguro á información dende unha única pantalla. A xestión de dispositivos móbiles proporciona a capacidade de aprovisionar, xestionar e securizar os dispositivos móbiles corporativos ou propiedade dos/as profesionais.
Esta solución, que vos ofrecemos en colaboración con IBM, inclúe características principais de MDM para o rexistro de dispositivos, configuración, xestión de políticas de seguridade e accións sobre os dispositivos como o envío de mensaxes, localización, bloqueo e borrado.
Doutra banda, as funcións avanzadas permiten establecer regras de cumprimento automáticas, configuracións de privacidade para BYOD (“bring your own device”; “leva o teu propio dispositivo”), xestión de notificacións, xeolocalización, cadros de mando e informes. As funcionalidades específicas de xestión adáptanse en función das diferentes plataformas: iOS, Android, Windows Phone, Blackberry (RIM) ou IBM MaaS360 Cloud Extender.
A xestión de aplicacións inclúe o catálogo de apps e unha específica nos dispositivos que lles permite aos/ás usuarios/as consultar, instalar e estar ao tanto das actualizacións. Falamos dun catálogo de aplicacións empresariais intuitivo e personalizable para dispositivos móbiles que facilita visualizar inmediatamente as aplicacións dispoñibles instalalas e recibir alertas desas actualizacións.
A nosa solución MDM distribúe aplicacións e realiza un seguimento da súa instalación cun sistema sen fíos para todos os/as usuarios/as, grupos ou dispositivos persoais. Tamén permite consultar informes de inventario de aplicacións en tempo real e intégrase con almacéns de appspúblicas como Apple App Store e Google Play para conseguir uns fluxos de traballo sen interrupcións.
A protección dos datos sensibles é un dos alicerces básicos do servizo, definindo contedores seguros para aplicacións e datos corporativos de tal xeito que poidan ser separados do uso persoal. Proporciónalles protección adicional aos datos das aplicacións empresariais, como o SDK de WorkPlace ou, en aplicacións iOS, a integración de forma automática do ficheiro da aplicación (.ipa), o perfil de aprovisionamento e o certificado. Ademais, inclúe a protección dos dispositivos de ciberataques mediante unha solución de antimalware integrada.
O servizo proporciona listaxes negras, listaxes brancas e aplicacións requiridas configuradas, permite limitar as apps nativas dun dispositivo e restrinxe o acceso de dispositivos liberados ou 'rooteados'.
En definitiva, unha solución que mellorará a produtividade dos teus dispositivos móbiles para lle tirar o maior proveito e garantir a seguridade dos datos e das aplicacións corporativas ao tempo que permite o seu uso persoal.
En R ofrecémosvos as máis modernas tecnoloxías e sistemas de información sen necesidade de investimento inicial, con servizos en modo pago por uso e coa máxima flexibilidade, solucións capaces de adaptarse ás necesidades presentes e futuras que poida ter a vosa empresa. Ademais, contades co noso asesoramento personalizado, que proporciona tranquilidade para o voso negocio ao garantir a seguridade e a continuidade de datos e aplicacións.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial empresas.