Linkedin é a rede social profesional máis grande do mundo cuxo obxectivo é poñer en contacto a empresas e profesionais de diferentes sectores.
Hoxe en día ten máis de 500 millóns de usuarios rexistrados entre os que se atopan, multinacionais, pequenas e medianas empresas, autónomos e traballadores de todo tipo de rangos. Así que se o teu negocio aínda non está en Linkedin non existes .
Por que preciso estar en Linkedin?
Linkedin é moi útil se como traballador queres cambiar de proxecto profesional ou iniciar un novo. Pero para as empresas é a mellor plataforma para darse a coñecer entre potenciais clientes, provedores e futuros empregados, é dicir, os tesouros máis prezados de calquera empresa .
Pero hai moitos máis motivos polos que deberías ter páxina de Linkedin:
- Para ter información de primeira man das tendencias do teu sector e do mercado.
- Para dar a coñecer a túa empresa a través de publicidade ou dunha estratexia de contidos.
- Para participar en grupos e foros e coñecer diferentes opinións. É unha das técnicas que máis se están empregando para saber como respiran os diferentes mercados. Así que toma nota!
- Para redirixir o tráfico online á túa web, blog e outras redes sociais.
Como me dou de alta?
Para crear unha páxina de empresa en Linkedin é necesario que previamente teñas un perfil persoal e un correo electrónico con dominio propio da empresa ou negocio que vas dar de alta.
Linkedin poncho moi fácil á hora de darte de alta e detállache os pasos que tes que seguir para crear a túa propia páxina.
Tamén podes botar man da guía práctica de uso de Linkedin que ofrece de forma gratuíta Hubspot para poñer a punto a túa páxina.
Seguro que xa viches moitas páxinas e perfís en Linkedin, pero aquí mostrámosche a nosa por se non a coñeces .
E agora que?
Agora que xa estás en Linkedin é o momento de empezar a:
- Facer contactos útiles, é dicir, non sigas para alcanzar un número elevado de seguidores, aquí prima a calidade. Revisar que intereses vos unen e que che poden aportar.
- Únete a grupos relacionados co teu negocio, aínda que a competencia estea presente. Lembra que debes conseguir a máxima información posible.
- Xerar contido útil para ti e para os teus seguidores.
- Compartir contidos útiles, evita compartir todo o que vexas porque os teus contactos acabarán identificándote como xerador de spam.
Unha vez constrúas a túa rede de contactos, tes que ser constante na rede e estar atento ao que sucede e como oscila o mundo empresarial. E os teus seguidores agardan as túas novidades así que non os defraudes.
Non esquezas establecer unha estratexia de contidos para Linkedin na que debes ter claro que queres comunicar e a quen. E non esquezas o cando, é moi importante saber cales son as mellores horas para lanzar os teus contidos para obter un maior rendemento.
A que esperas para estar xa en Linkedin? Cóntanos como é a túa experiencia na rede social que domina o mundo empresarial.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata a próxima!
imaxe de getreferralmd.com