Se algo aprendemos nos últimos meses é que se pode, e en ocasións se necesita, traballar dende calquera sitio. E no verán agradécese máis que nunca, pero para poder facelo con eficacia e seguridade faise necesario dispoñer dun bo equipo que se adapte ás necesidades da vosa empresa e dos vosos empregados.
Para este verán, en R lanzamos unha completa oferta co portátil Lenovo V15, que ofrecemos grazas á alianza que temos cunha das marcas líderes do mercado, e ao que sumamos, por ser cliente de R Empresa, o servizo Ciberseguridade avanzada gratis durante 6 meses.
Lenovo é sinónimo de variedade e calidade; os seus equipos teñen unha extensión de garantía de ata 5 anos e veñen equipados con Windows 10 Profesional.
O Lenovo V15 AMD é fino e elegante por fóra e conta cun potente procesador AMD por dentro. Trátase dun portátil asequible de 15,6" ideal para profesionais independentes, traballos administrativos e comerciais, ademais do uso doméstico. Só pesa 1,85 kg e as súas bisagras 180º garanten unha maior seguridade. Ten unha autonomía de 6 horas e dispón de 256 GB nos que podes almacenar todos os teus documentos e arquivos. En suma, un PC exclusivo que vai contigo e coa túa empresa vaias onde vaias e que che permite teletraballar de forma segura.
Precisamente en temas de seguridade, en R non deixamos ningún cabo solto porque queremos axudarche a protexer a información e infraestruturas da túa empresa con solucións multidispositivo; e para iso contamos co noso servizo de Ciberseguridade avanzada. En pleno auxe dos ciberataques, coincidindo cunha maior cantidade de xente traballando dende fóra da oficina, é prioritario protexer a información e os dispositivos da vosa empresa fronte ás ameazas das contornas dixitais. En R ofrecémosvos un soporte técnico experto en ciberseguridade e ferramentas de análises de vulnerabilidades de rede e web e protección con atención prioritaria en tempo real que permite protexer calquera dispositivo de ameazas coñecidas e non coñecidas mediante a identificación e clasificación de todos os procesos que se executan e que conta ademais cun firewall virtual que monitora o tráfico entrante e saínte e permite aplicar políticas de control de acceso.
Combinar mobilidade e seguridade é a nosa prioridade e cremos que o portátil Lenovo V15 + Ciberseguridade é unha opción perfecta para que poidades traballar comodamente este verán dende onde queirades cun dispositivo de última xeración; e, ademais, facelo de forma segura.
Na nosa tenda de equipamento Empresas de R dispoñemos de moitas opcións diferentes de dispositivos para que renovedes os vosos equipos, pagando en 24 cotas ou, se o preferides, nun pago único.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas.