As ferramentas de formación virtual chegaron para quedar. As plataformas gratuítas de cursos online convertéronse nunha opción idónea para que empresas e empregados podamos continuar coa nosa aprendizaxe e formación dende calquera espazo e dipositivo.
Ferramentas de formación virtual para o traballo
A maior parte das compañías galegas tedes adoptado o teletraballo como forma de manter os servizos durante a crise do COVID-19. Os empregados traballan dende os seus domicilios e as plataformas na nube permiten seguir adiante co traballo dende calquera espazo e dispositivo.
En R, ademais de facilitarvos o teletraballo dunha forma efectiva, apostamos tamén por manter a actividade formativa dentro das empresas. Para iso, puxemos en marcha a iniciativa #formaciónR, unha plataforma gratuíta de cursos online que permite aos empregados da túa empresa acceder a contidos tecnolóxicos e de desenvolvemento persoal atendendo ás súas necesidades e ao tempo do que dispoñen cada día, dende calquera dispositivo, fixo ou móbil.
Para poñer en marcha #formaciónR aliámonos coa empresa tecnolóxica Fit Learning e o resultado é esta solución práctica na que, mediante vídeos curtos, ofreceremos contidos de utilidade tecnolóxicos e motivacionais sobre temáticas moi variadas.
Cursos sobre Teams ou Ciberseguridade, entre outros
Xa nos puxemos en marcha cunha primeira convocatoria gratuíta composta por cinco contidos: 'Teams', 'Xestión eficaz de reunións virtuais', 'Ferramentas motivacionais' e 'Ciberseguridade'. Por que estes temas? A elección adecuouse á situación actual de teletraballo incluíndo pílulas en habilidades tanto a nivel tecnolóxico como de desenvolvemento persoal que poden ser accesibles por todos os perfís das compañías. E a resposta por parte das empresas foi moi positiva.
Office 365, Microsoft Teams, Novedades Windows 10; One Note 365, Regulamento de Protección de Datos, Sensibilización en Igualdade de Xénero, Hábitos de vida saudables, Negociación ou Motivación son só algunhas das outras temáticas sobre as que atoparedes cursos nesta plataforma de cursos online.
Agora traballamos xa na próxima posta en marcha dunha serie de webinars que trasladen a formato dixital os encontros tecnolóxicos sobre temas de actualidade que habitualmente se desenvolven nas nosas instalacións de forma presencial coa participación de empresas de diferentes sectores. Desta forma, os denominados 'Almorzos Tecnolóxicos' tamén viaxarán á nube.
Formación virtual continua
E, aínda que sabemos que esta aposta pola formación virtual na empresa resulta especialmente de gran utilidade en época de crise sanitaria, #formaciónR está deseñada para ser unha ferramenta permanente na vida das organizacións, non soamente para esta época de crise, senón para calquera momento do ano. De feito, existen múltiples utilidades dentro desta plataforma que son útiles en calquera situación ou circunstancia, como a posibilidade de organizar un calendario, analizar gráficamente a evolución da aprendizaxe, almacenar documentos e mesmo recibir diplomas que acrediten a formación recibida.
R, proximidade coas empresas
Esta iniciativa de R nace do noso interese continuo por estar preto e escoitar as necesidades dos clientes, de empresas que nestes momentos necesitan ofrecer aos seus equipos unha actualización dos seus coñecementos e un acompañamento en formato remoto e dunha forma segura.
Apuntádesvos a aprender con #formaciónR?
Se queres recibir máis información, subscríbete ao noso boletín. Tamén podes contactar con noso equipo da área Comercial Empresas.