Cando pensas na conciliación, seguramente a relacionas autonómicamente cos traballadores que teñen fillos ao seu cargo. Pois este concepto debe desaparecer da túa mente porque este termo afecta a todo tipo de traballador, con ou sen fillos, que debe conciliar a súa vida laboral coa persoal para que todo funcione como unha engrenaxe perfecta.

Nos últimos anos vénse falando moito de se a conciliación é posible e se existe. Moitas empresas dan facilidades aos empregados para levala a cabo, e en moitos casos cínguese soamente ás mulleres traballadoras. Pero noutras moitas empresas é moi difícil levar a cabo a conciliación, e se es autónomo, xa nin che conto .

Bancos de horas

Hoxe en día estanse establecendo bancos de horas en moitas compañías para que os seus traballadores poidan utilizalas para atender os seus asuntos persoais, teñan ou non teñan familia. Esta iniciativa é similar aos “días de asuntos propios” que algunhas empresas seguen tendo vixentes, pero que non todos os empregados utilizan a non ser que sexa unha "causa de forza maior".

Outras iniciativas por parte das empresas fan máis fácil acadar a conciliación, flexibilidade na hora de entrada e de saída, teletraballo e redución da xornada laboral segundo as necesidades persoais de cada traballador. Aínda que en España segue presente a "cultura do presencialismo" ou a de "quentar a cadeira", é dicir, está moi ben visto estar máis horas das estipuladas sentado diante do ordenador aínda que non exista produtividade, e xa se te vas despois do xefe mellor que mellor .

Parece que comezamos a tomar nota de empresas do norte de Europa nas que a partir das 5 da tarde apáganse as luces das oficinas, promovendo que as xornadas laborais comecen antes e que haxa máis liberdade á hora de traballar a distancia e establecer os horarios.

Autónomos

Pero se falamos de autónomos, a cousa cambia. O tema de conciliar complícase porque os horarios son máis amplos e non sempre contan con algunha axuda para que os substitúan cando teñen que resolver os seus asuntos. En moitas ocasións teñen que pechar o seu negocio para arranxar papelorio, temas familiares e persoais.Quizáis eles tamén deberían contar cunhas horas para poder conciliar.

Ti crees que existe a conciliación? Ti concilias?

Ata a próxima!

Imaxe de Heather Zabriskie