Lograr o equilibrio entre as peticións dos traballadores e as necesidades produtivas da vosa empresa non é unha tarefa sinxela.
Cando unha organización está a comezar, unha folla de cálculo pode ser abondo pero, co tempo, para que a organización sexa eficiente e óptima é necesario adquirir solucións dixitais. E aquí entran en xogo as solucións de Intelixencia Artificial.
Servíndose de datos e métodos avanzados de análise matemática, a Intelixencia Artificial adquiriu novas responsabilidades e autonomía para a toma de decisións relacionadas coa contorna laboral e, máis concretamente, coa organización de quendas do persoal.
Un tremendo quebracabezas ao que adoitan dedicar moito tempo os responsables da tarefa e que require unha visión global na que encaixen todos os traballadores e que atenda a numerosos detalles.
A Intelixencia Artificial chega para facilitarvos esta ardua planificación. E, cales son as principais vantaxes da IA?
Son solucións que cumpren, simultaneamente, con dúas necesidades básicas de toda organización:
- atender cun nivel de servizo mínimo desexado a carga de traballo esperada ou a necesidade dun número mínimo de traballadores cunha determinada habelencia
- contar cos requisitos de todos os traballadores, como poden ser horas por contrato, peticións persoais, vacacións, baixas ou horas de descanso entre quendas
Ademais, as aplicacións baseadas en IA caracterízanse pola axilidade na súa obtención, o cal facilita o traballo dos responsables, xera maior satisfacción e rendemento dos traballadores e unha mellor cobertura das necesidades produtivas.
E a combinación de todas estas achegas achega maior produtividade, rendibilidade e competitividade.
En R estamos convencidos da utilidade das solucións de Intelixencia Artificial para a vosa empresa e xa levamos un tempo axudándovos a levalas á práctica a través do noso equipo especializado, BAI Analytics.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións baseadas en Intelixencia Artificial, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas.