As empresas xa coñecedes, e cada vez aproveitades máis, as vantaxes da Intelixencia Artificial, entre as que figura o seu gran potencial para contribuír á xestión dos impactos ambientais e do cambio climático.
De feito, é tan importante o uso da IA para a sostibilidade que o Pacto Verde Europeo (ou Green Deal), lanzado en 2019, recoñeceu o seu poder transformador para impulsar o logro da transición verde. En R, a través da nosa Política Social Corporativa, apoiamos igualmente este pacto cuxa estratexia de crecemento se basea en tres piares: dixitalización, descarbonización e resiliencia.
Como está a impulsar a IA a sostibilidade nas empresas?
A experiencia práctica dinos que xa existen multitude de casos de uso nos que a IA promove, non só a sostibilidade, senón tamén as contas de resultados das empresas. Segundo un estudo de PwC UK, o impacto económico da IA para o medio ambiente melloraba os resultados das empresas nun 4,4%.
Unha área onde a Intelixencia Artificial está a desempeñar un papel clave é no uso da enerxía. Porque as aplicacións de IA poden equilibrar as necesidades de subministración e demanda de electricidade en tempo real, á vez que optimizan o uso e o almacenamento de enerxía para reducir as tarifas.
Segundo un estudo recente da Universidade de Taipei, estes modelos poden axudar ás vosas empresas a mellorar a eficiencia enerxética entre un 10%-40%. Eficiencia que se traduce nunha redución significativa das emisións de carbono e de custos para a organización.
Outro factor clave para a redución de emisións é a xeración intelixente de rutas, que poden optimizarse para incorporar criterios de sostibilidade. Estes sistemas convertéronse nunha necesidade para as empresas de loxística ao achegar importantes beneficios financeiros e ambientais.
A IA reduce a produción defectuosa
As devolucións de produto representan unha rompedura de cabeza para moitas empresas. Segundo Forbes, ao redor de 17.000 millóns de artigos comprados devólvense en todo o mundo, principalmente por defectos do produto ou insatisfacción do/a cliente/a. E isto equivale a uns 4,7 millóns de toneladas métricas de CO2 emitidas anualmente.
Os sistemas de visión artificial axudan a resolver este problema porque reducen a produción defectuosa. Por exemplo, os sistemas de control de calidade habilitados con visión por computadora instalados na cinta transportadora ou na liña de produción poden inspeccionar a calidade do produto de maneira máis precisa e eficiente que a inspección manual.
Vendo estes datos, resulta indubidable a achega da IA á sostibilidade das empresas, independentemente do seu tamaño ou sector de actividade. Unha vantaxe máis que se suma ás moitas que xa coñecedes sobre este tipo de solucións é que dende R vos axudamos a aplicar nas vosas organizacións a través do noso equipo especializado, BAI Analytics.
Queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas? Subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario ou do teu asesor persoal.