A análise de datos non é nova, leva décadas existindo nas empresas en forma de BI (Business Intelligence), pero é agora cando a capacidade de explotación dos datos mellorou de forma exponencial coa incorporación de novas tecnoloxías como IoT, Big Data ou Intelixencia Artificial.

Unha das tendencias de 2021 e unha aposta clara de empresas e administracións públicas para os próximos anos é transformarse en organizacións 'Data Driven Company', onde os datos son un activo clave para a toma de decisións e a súa explotación englóbase nunha completa estratexia de dixitalización que apoia o negocio.

inteligencia_artificial_empresa

Para seguir axudándovos ás empresas a dixitalizarvos, R desenvolveu un taller dixital, dividido en dúas partes, no que se estudaron as novas arquitecturas que permiten analizar, combinar, xestionar e almacenar os datos. Responsables e altos cargos de empresa participaron neste encontro no edificio virtual ' The Tech Experience', lugar de reflexión sobre tendencias tecnolóxicas e oportunidades para os negocios da man de expertos.

Adquisición, preparación, integración e goberno

Na súa primeira parte, 'Goberno e explotación dos datos corporativos', o taller centrouse na análise do dato. Cómpre que o proceso de goberno do dato pase necesariamente por varias fases:

  • Adquisición de calquera tipo de dato en tempo real ou por ‘lotes’ ou ‘silos’ (batch) integrados, automatizados e optimizados.
  • Preparación e almacenamento que implica extraer, cargar e transformar os datos e integralos e almacenalos nos sistemas a curto e longo prazo, de maneira que queden preparados para a súa explotación posterior.
  • Goberno do dato mediante ferramentas para administrar, mellorar e garantir a calidade dos datos para o seu correcto aproveitamento ou explotación.

Alberto Díaz Freire, responsable de Alianzas, IoT e Transformación Dixital para empresas do Grupo Euskaltel, e Alberto Rezola, responsable de explotación do dato e socio de DATU (A), debullaron as claves para garantir a calidade da xestión dos datos nas corporacións.

Alberto Díaz incidiu na importancia de que as empresas desenvolvades novas estratexias en torno ao dato e Alberto Rezola detívose na importancia de dispoñer dos datos nas condicións adecuadas e na necesidade de contar con ferramentas que garantan a calidade do goberno do dato e a súa confiabilidade como un proceso continuo que é preciso sistematizar e automatizar para aproveitar ao máximo os datos corporativos.

Do algoritmo ao 'readestramento'

Co título 'Explotación dos datos corporativos mediante IA' déuselle continuidade ao taller dixital analizando os modelos de IA que propoñen solucións para garantir a seguridade dos procesos e que optimizan, ao tempo, o seu impacto positivo nos negocios.

Os expertos en IA Ignacio Vilaplana e Miquel Gil detivéronse nas tres fases de explotación do dato:

  • Preparación do dato para IA: como pasar de maneira sinxela e visual dun conxunto de datos repartidos en distintas orixes a outro elemento que un algoritmo poida tratar.
  • Desenvolvemento de modelos ou ferramentas para a avaliación e selección dos modelos creados e para a toma de decisións sobre os limiares de actuación.
  • Goberno da IA. MLOps: Mantemento e gobernanza dos modelos despregados, cambios de patróns en datos e necesidades de ‘readestramento’.

Do mesmo xeito que no primeiro encontro sobre o goberno do dato, o taller aproximouse aos fundamentos para converter as organizacións en empresas 'data driven', aquelas que adaptaron a súa cultura empresarial a unha contorna dixitalizada e utilizan os datos para mellorar o seu funcionamento. Este modelo de empresa optimiza o proceso de toma de decisións, o cal fai necesario reorganizar os recursos tecnolóxicos para facelos realmente efectivos. A información convértese no seu principal activo de valor e xestionala eficazmente é misión prioritaria porque, grazas a iso, estas compañías adaptadas aos novos tempos poden actuar en tempo real.

Dende Rqueremos axudarvos ás empresas e administracións a incorporar a tecnoloxía necesaria para que sigades sendo competitivas a todos os niveis e en calquera escenario e acompañarvos nun proceso que se traduza en beneficios reais dende o primeiro momento.

Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co noso equipo da área comercial empresas.