Innovar é a chave para non morrer no mundo empresarial. Independentemente do ámbito laboral no que te movas, ben sexa alimentación, tecnoloxía ou automoción, sempre hai que innovar para seguir medrando.

A innovación aparece por unha idea que xorde despois de moito cavilar ou como unha solución ante un problema. Precisa dun investimento a medio e longo prazo, aínda que de boas a primeiras existirán moitos gastos ata chegar á idea final.

Comezar a innovar

Innovar débese converter nunha tarefa diaria, é dicir, hai que estar sempre “ollo ao piollo” e dándolle voltas a como mellorar as novas necesidades, os produtos e os servizos.

Se non tes claro como atopar unha idea innovadora, o mellor é seguir estes pasos básicos á hora de innovar:

  • Realiza estudos de mercado: así coñecerás as necesidades que teñen os consumidores e poderás descubrir unha idea para satisfacelas.
  • Promove unha comunidade creativa: que o equipo humano da túa empresa non teña medo aos cambios e sempre se promovan novas ideas.
  • Escoita aos teus clientes: para saber que opinan dos teus servizos e produtos e a partir de aí poderás facer cambios que mellorarán as súas opinións e produtos.
  • Define a túa e idea: aínda que pareza incrible, o fácil é atopar a idea innovadora, pero o difícil vai ser implantar e desenvolver esa idea.
  • Busca colaboración: moitas veces para lanzar unha idea innovadora, hai que buscar colaboracións con outros socios porque o nivel económico da túa empresa non é suficiente.

Axudas da Xunta

E como ás veces o tema da pasta é un freo á hora de desenvolver unha idea innovadora, aquí che informamos dunhas axudas que vai lanzar o goberno galego.

A Xunta de Galicia investirá 33 millóns de euros no programa IFIS para fomentar a innovación nas pequenas e medianas empresas de Galicia. Este programa de instrumentos financeiros innovadores está dirixido a diferentes sectores empresariais: industria 4.0, novos emprendedores e pemes tecnolóxicas, start ups e empresas cunha intensa traxectoria.

O prazo para solicitar estas axudas comezará cando se publiquen no DOGA e finalizará o 31 de diciembre de 2018.

Así que estate atento, porque che pode interesar optar a estas axudas.

Ata a próxima!

Imaxe de Diego PH