Acaba de nacer HUB, escola de negocios dixitais en Galicia. O centro defínese como un ecosistema dixital formado por profesionais, emprendedores, empresas, investidores que comparten talento dixital galego.

Como un dos seus significados indica, HUB é un centro de actividade ou lugar de encontro no que se compartirán ideas, proxectos e oportunidades da era dixital.

A escola ofrece un amplo programa de formación no que se engloban másters, cursos de especialización, aprendizaxe de idiomas, másters class e cursos de especialización, tamén seleccionan o mellor talento e fomentan a súa contratación.

Hubber: the loved talent

Para celebrar a súa chegada, a escola de negocios dixitais celebra o seu primeiro HUB que se centrará na escaseza de perfís profesionais dixitais.

Para que poidas participar no evento e non interfira no teu horario de traballo, comezará ás 19:30 horas, o martes 12 de decembro, en Palexco (A Coruña). Podes inscribirte na súa web.

Ao longo deste HUB poderás coñecer cal é o talento máis desexado polas empresas e os investidores. Ademais tamén se tratarán temas como a ciberseguridade e o márketing dixital, tan importantes hoxe en día no sector empresarial principalmente.

Este evento contará coa participación de expertos en seguridade dixital, márketing dixital, dirixentes de empresas tecnolóxicas galegas como Altia ou Netex e de multinacionais como Palo Alto.

Dende R participará o noso director de márketing empresas, Isidro Fernández de la Calle. Participará na mesa redonda, xunto con Tino Fernández de Altia, Carlos Ezquerro de Netex e Juan A. Gómez Bule de Chairman in Walhalla, sobre o recrutamento do desexado talento dixital.

Programa

Hubber: the loved talent

Tamén se falará sobre a xeración de ideas no sector dixital, sobre márketing dixital e para rematar, sobre ciberseguridade, un dos temas que máis preocupan ás empresas.

Senón podes asistir non te preocupes, o evento será retransmitido en streaming a través da súa páxina web ou da súa páxina de Facebook.

Se asistes xa nos contarás que tal foi, pero podemos predicir que vai ser moi interesante e útil .

Agardamos que HUB siga facendo moitas máis actividades.

Ata a próxima!