Google My Business é unha ferramenta gratuíta do xigante tecnolóxico que permite aumentar a visibilidade do teu negocio.
Hoxe en día todo o mundo utiliza Google para atopar ou buscar calquera cousa, así que a mellor maneira de aparecer nos seus resultados de procura é posicionarnos empregando as súas ferramentas. Aínda que nunca está de máis botar man doutras técnicas que nos axuden a posicionarnos mellor .
Google integrou tres ferramentas (Google +, Google Places e Google Maps), nunha única, Google My Business. Desta forma, poderás incluír toda a información sobre a túa empresa que aparece no buscador de buscadores.
Forma parte de Google My Business
Para formar parte de Google My Business é preciso que teñas unha conta de correo electrónico con Gmail para poder darte de alta.
Unha vez que te rexistres debes incluír a máxima información posible sobre o teu negocio: horarios, datos de contacto, produtos, imaxes, vídeos, ligazóns, etc. Con todos estes datos o buscador xerará unha ficha súper personalizada do teu negocio.
Google My Business permitirache posicionarte de forma favorable preto dos usuarios que se atopen situados xeograficamente preto do teu negocio. O que facilitará que os teus clientes potenciais estean cada vez máis próximos .
Que podes facer con Google My Business?
Cando xa formas parte de Google My Business poderás manter actualizada sempre a información sobre o teu negocio e engadir máis imaxes e vídeos.
Poderás comunicarte cos teus clientes ou seguidores compartindo novidades ou eventos sobre o teu negocio. Tamén poderás coñecer as valoracións e recensións que fan da túa organización, tomar nota delas e responder.
Ademais, poderás acceder ás estatísticas para saber como te atoparon os usuarios e de onde proceden.
E para que poidas xestionar o teu perfil de Google My Business dende calquera lugar, contas con app para Android e para iOS.
A túa propia web
Google My Business ofréceche a posibilidade de crear a túa propia web dunha forma sinxela e rápida e gratuíta.
A web xérase automaticamente cos datos que incluíches ao rexistrarte en Google My Business e actualizarase cada vez que fagas un cambio.
É unha boa idea ter esta web para estar mellor posicionado en Google, pero non descoides ter o teu propio portal no que ti teñas todos os permisos sobre a xestión do mesmo.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata a próxima!
imaxe de rawpixel.com