A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organizou, en colaboración co Consello Económico e Social de España (CES), a Xornada "Ciberseguridade: Protección dos cidadáns e crecemento económico", un evento onde participou o Director R e de Masorange en Galicia, Alfredo Ramos.

Tras a presentación institucional, a xornada arrincou cunha primeira mesa redonda centrada en crecemento sostible, ciberseguridade e protección cidadá na era da transformación dixital. E na segunda mesa de debate analizouse que son os aliados tecnolóxicos para conseguilo.

A terceira mesa, titulada “Gardiáns do dato: soberanía e resiliencia en clave galega” e moderada por Alfredo Ramos, profundou na importancia do dato como activo estratéxico e da formación, ademais de repasar cales son os principais riscos actuais e que solucións propón R para coidar a ciberseguridade.

Soberanía do dato dende Galicia

O dato é o activo máis crítico da nosa economía dixital. A súa soberanía e resiliencia son pancas de competitividade, confianza e continuidade.

Dende R e MasOrange cremos que a soberanía dixital empeza pola infraestrutura. Contamos con datacenter propio en Galicia, que permite operar e aloxar servizos críticos con garantías e baixo estándares europeos, garantindo proximidade, resiliencia e control sobre onde están e como se protexen os seus datos.

Ofrecemos servizos de seguridade xestionada para todos/as, tamén para as pemes, e SOC (Centros de Operacións de Ciberseguridade) que permiten a pequenas e medianas empresas acceder ao mesmo nivel de protección que unha gran corporación, sen necesidade de grandes investimentos nin equipos especializados. A ciberseguridade non pode ser un luxo.

Talento e coñecemento: Cátedra R

A resiliencia non se compra, constrúese. Por iso, dende 2018 impulsamos a Cátedra R en Ciberseguridade xunto á Universidade da Coruña e á Universidade de Vigo.

Este programa forma talento en áreas críticas como criptografía, IoT seguro e xestión de incidentes, e conecta estudantes con retos reais de empresa. É unha clara aposta por crear capacidades locais que sustenten a soberanía dixital.

Riscos e tendencias en ciberseguridade

Segundo a Axencia da Unión Europea para a Ciberseguridade (ENISA), os sectores máis atacados non sempre son os mellor preparados. En concreto, Administración Pública e Sanidade concentran gran parte dos incidentes, mentres que telecomunicacións e finanzas mostran maior madurez, pero seguen expostas a riscos sistémicos.

Doutra banda, as ameazas evolucionan: ransomware, ataques á cadea de subministración, enxeñaría social e, cada vez máis, uso de intelixencia artificial por parte dos/as atacantes. Isto esixe pasar da protección reactiva á gobernanza do risco dixital, proporcional ao impacto en negocio e sociedade.

Como respondemos as ameazas de ciberseguridade dende R?

O primeiro elo da ciberprotección está nas infraestruturas que usamos cada día.

• En comunicacións de voz en mobilidade, o noso novo servizo Chamada Visible (sobre VoLTE) engade transparencia e reduce o spam e o risco de fraude telefónica con intelixencia artificial.

• No fogar e na empresa, avanzamos con routers de última xeración con Wifi 6 e 7, que ofrecen máis seguridade, capacidade e eficiencia.

• En mobilidade, 5G e 5G SA achegan latencia ultrabaixa, máis resiliencia e mellor protección de servizos críticos.

A nosa proposta combina infraestrutura, servizos e cultura:

• Servizos SOC e ciberseguridade xestionada, adaptados a cada sector. Como o Centro de Operacións de Ciberseguridade (SOC) posto en marcha en Ferrol.

• Protección fronte a chamadas fraudulentas e spam na rede móbil.

• Servizos de seguridade en dispositivos (antivirus, control parental, protección Wifi, autenticación multifactor en accesos críticos).

• Cifrado de datos en tránsito e repouso.

• Plans de continuidade e recuperación ante desastres.

• Avaliación regulatoria (NIS2, DORA, ENS) para empresas e administracións.

• Programas de concienciación continua para equipos, porque a primeira liña de defensa son as persoas.

En R estamos convencidos/as de que a soberanía do dato non significa illamento, senón colaboración intelixente. Ademais, Galicia ten os ingredientes para liderar esta transformación segura: infraestrutura robusta, talento universitario e alianzas globais.

Así que dende R traballamos para que empresas e administracións galegas convertan a ciberseguridade nunha vantaxe competitiva.

Se queres levar esta visión á túa empresa descubre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, contacta co/coa teu/túa asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.