Chegou o momento de felicitarlle un ano de bo traballo aos teus empregados. Nestas datas ademais de facer balance de obxectivos alcanzados e cifras, tamén hai que avaliar o traballo do poderoso capital humano da túa empresa.
Se ao longo deste ano xa felicitaches aos teus empregados polo seu traballo, vólveo a facer porque o reforzo positivo nunca está de máis. Ademais, estamos nunhas datas nas que parece que apetece facelo máis que noutras .
Felicita este ano e o próximo
O normal nestes últimos días do ano é desexar que o próximo veña cargado de felicidade, pero tamén é un bo momento para recoñecer aos teus empregados o ben que traballaron neste 2018. E lembrarlles que sen eles non sería posible alcanzar os obxectivos e cifras marcados, nin ser a empresa ou negocio que sodes.
Podes enviarlles un correo electrónico ou unha postal cunha mensaxe de recoñecemento e desexos de felicidade. Pero animámosche a que o fagas en vivo e en directo. Aproveita estes días nos que o traballo diario está máis parado e achégate aos teus empregados para felicitalos polo traballo realizado no 2018 e desexarlles un feliz 2019 e que o traballo siga indo tan ben, ou mellor.
E se esas palabras de recoñecemento positivo van acompañadas dun pequeno detalle, callarán moito máis nos seus sentimentos .
Ideas para regalar
Aquí che deixamos algunhas ideas de pequenos detalles que podes regalar aos teus empregados por facer un bo traballo este ano:
- Entradas para un espectáculo destacado que se vaia a producir durante o próximo ano na túa cidade. Un deses espectáculos aos que todo o mundo queira ir!
- Unha tarde libre de traballo. O ideal sería nun día sinalado, como a tarde do 5 de xaneiro para botarlle unha man aos Reis Meigos ou unha tarde previa a un día festivo.
- Unha sesión completa dun fisioterapeuta. Xa sabes que estar moitas horas na mesma postura desempeñando un traballo ten as súas consecuencias nos músculos.
- Un bono para gozar dalgunha experiencia gastronómica. Xa se sabe, comer é un pracer!
- Un bono para asistir a clases de circo, si de circo . É un regalo orixinal, orixinal, para dar vía libre ás emocións e á adrenalina contidas nas horas de traballo. E axudará moito a mellorar as capacidades de traballo en equipo e individualmente.
Estas son algunhas ideas, pero ti coñeces moito mellor aos teus empregados e saberás que detalle agradecerán máis. Pero ollo, á hora de regalar non discrimines a ningún empregado. Lembra que todo o que conseguiu a túa empresa é froito dun traballo en equipo.
E tampouco fai falla que compres uns agasallos súper caros e tires a casa pola fiestra e quedes sen orzamento para o 2019 . Non te veñas arriba!
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata a próxima!
Imaxe de unsplash.com/@carltraw