Unha vez emitido na televisión o anuncio da Lotaría de Nadal xa se abre a veda para comezar a falar de todo o relacionado con esta época do ano. No caso de que sexas unha empresa ou negocio e queiras felicitar os teus empregados, provedores e clientes, vai sendo hora de que empeces a pensar como facelo.

Queda pouco máis dun mes para rematar o ano e de seguro que o orzamento para este tipo de iniciativas non é moi amplo. Pero non te preocupes, porque aquí che contamos algunhas ideas para felicitar o Nadal que non che van supoñer moito gasto.

  • Postal. Pouca xente envía e recibe por correo a típica postal de Nadal en formato papel. De seguro que se a envías ti este ano vas ser considerado o máis hipster . Hai moito onde escoller, pero tamén podes facer ti un deseño propio que se identifique coa túa marca e facer algo máis artesá.
  • Elfyourself. É unha das apps de Nadal máis empregada nos últimos anos debido ao graciosa que é. Ver os xefes vestidos de elfos, non ten prezo! Se sodes unha empresa pequena, esta pode ser unha boa idea que arrincará o sorriso de todos os que a reciban.

  • Galletas. Non fai falla que as cociñes ti, pero moitas pastelerías ou panaderías elaboran galletas baseadas en elementos do Nadal. Se compras estes doces e os empaquetas dun xeito orixinal e con decorado acorde a esta época, farás as delicias dos teus contactos.
  • Lotería de Nadal. É un clásico entre os clásicos, pero sempre trunfa. É que o de repartir sorte, para logo levar cartiños sempre vén ben.
  • Participación en causas solidarias. Podes colaborar con algunha asociación ou ONG que estea preto da túa empresa. Aproveita para felicitar as festas aos teus contactos e indicarlles que os cartos que ían dirixidos ás súa felicitación investíronse nunha boa causa. Pero recorda que non soamente hai que ser solidario en Nadal.
  • Vídeo ou gif. Botan man da túa creatividade e elabora un vídeo cos teus empregados ou compañeiros e envíallo aos teus contactos vía correo electrónico ou Whatsapp. Vai na mesma liña que Elfyourself .

E ti, como vas felicitar o Nadal este ano? Nós aproveitamos este post para adiantarnos á nosa felicitación oficial, así que, Bo Nadal!

Ata a próxima!

Gif de tenor.com