Na nosa sociedade hiperconectada, a dixitalización vívese a gran velocidade, sexa cal sexa o tamaño e o sector da empresa. E se analizamos este fenómeno na contorna dunha pandemia mundial, a procura das mellores solucións tecnolóxicas para a dixitalización das pemes convértese en indispensable.
O grupo Unnefar, integrado por dez empresas de distribución farmacéutica líderes na súa zona de actuación, é consciente de que a Covid-19 lle afectará ao sector da farmacia en todos os ámbitos.
Para abordar de forma transversal a situación tras a pandemia e facilitar, ademais, un punto de encontro entre laboratorios e farmacias nestes tempos de distanciamento social, organizouse a I Edición de Expofarma Dixital.
Un encontro virtual para os profesionais do sector farmacéutico
O evento celebrouse nun escenario integramente virtual que trasladou á contorna dixital as Expofarmas, eventos tradicionalmente presenciais que os socios do grupo Unnefar organizan para compartir as novidades en relación aos seus servizos, sesións de formación ou conferencias de interese.
O Grupo Euskaltel, do que R forma parte, foi o socio tecnolóxico deste encontro virtual. Conxuntamente coa empresa HSI, puxo en marcha a plataforma desta I edición de Expofarma Dixital, que inclúe propostas de máis de 70 laboratorios, 20 expositores de servizos e as achegas de dez expertos do sector farmacéutico en relatorios impartidos dentro da Xornada ‘A farmacia despois da covid19’.
A farmacia é un servizo asistencial indispensable e o centro de saúde máis próximo ao cidadán, así que a tecnoloxía debe axudar a mellorar e consolidar esa estreita relación cliente/farmacéutico, en ningún caso complicala nin diminuíla.
Pero, como o facemos? De entrada, debemos plantexarnos unha serie de cuestións: por que nos van seguir comprando os nosos clientes actuais?, imos seguir vendéndolles o mesmo ás novas xeracións?, sabemos transformar os datos en información de valor e damos unha experiencia dixital dos nosos servizos? En xeral, estou a incorporar a tecnoloxía ao negocio de forma axeitada?
Os clientes están a cambiar e queren solucións para necesidades concretas consumidas en tempo real, de forma áxil e sinxela, e isto implica que as empresas deben deseñar unha proposta adecuada aos novos modos de consumo para ter éxito e poder crear unha relación duradeira cos seus clientes, que son usuarios de todo pero non son donos de nada.
Xorde aquí o concepto de farmacia dixital.
Dito da forma máis sinxela, trátase dunha plataforma tecnolóxica para o seguimento dos programas de saúde dos clientes da farmacia. Permite, por exemplo, dispoñer dun rexistro persoal de saúde que inclúe un histórico de medicións e un exame regular para unha detección temperá. En relación cos clientes, axúdanos a facilitarlles recomendacións personalizadas e a presentarlles novos servizos, o cal redunda nunha maior fidelización.
R e o Grupo Euskaltel, como asesor tecnolóxico, achegoulle á exposición virtual Expofarma Dixital distintas solucións para axudar á transformación dixital das empresas, e de forma máis concreta, ás farmacias. Internet das Cousas,
Analítica Avanzada, Big Data e canles dixitais de atención ao cliente son algunhas das diferentes ferramentas tecnolóxicas que che van facilitar os procesos de traballo e os modelos de interacción cos clientes.
A transformación dos servizos mediante sensorización IoT fai posible, por unha banda, a automatización e transformación do coñecemento do negocio, e, por outra, crear un novo modelo de repositorio e xestión de datos.
Un exemplo de IoT aplicada sería a posibilidade de medición, rexistro e notificación se hai algunha incidencia de temperatura en neveiras para o cumprimento das correspondentes normativas vixentes e a dispoñibilidade de todo o servizo personalizado de forma centralizada a través de web e da app.
En definitiva, Expofarma Dixital é o mellor expoñente do que a tecnoloxía pode lograr en contornas e modelos de traballo colaborativos mediante solucións innovadoras.
E o noso obxectivo é, como sempre, poñer á túa disposición a tecnoloxía máis nova para que poidas incrementar a competitividade da túa empresa.
Se queres recibir máis información, subscríbete ao noso boletín. Tamén podes contactar con noso equipo da área Comercial Empresas.