Debido á situación excepcional que estamos a vivir, estase a multiplicar o número de chamadas móbiles. É algo que está a afectar ás redes de todos os operadores. Se ves que nalgún momento puntual non podes realizar ou recibir chamadas, esta é a razón.
Estamos a traballar conxuntamente co resto de operadores para garantir o servizo ás empresas e a todas as persoas que están teletrabajando ou que requiran facelo.
De todas formas creemos importante realizar algunhas recomendacións:
1. Se tes fixo na casa, úsao. Desde xeito as chamadas reparténse entre a rede fixa e a rede móbil.
2. Utiliza o correo electrónico, Skype, Teams ou outras aplicacións de colaboración evitando incorporar adxuntos de gran tamaño así como os envíos masivos.
3. Conéctate por WiFi. A rede de fibra de R permite que se conecten varios dispositivos ao mesmo tempo e que navegues a alta velocidade.
Un uso racional e responsable da rede permitiranos a todos, provedores do servizo e empresas asegurar que disporemos dun servizo de calidade de forma sustentable no tempo, perante un escenario de intensificación do traballo que pode prolongarse varias semanas.
Sendúbida, xuntos irmos voltar a normalidade canto antes.