O próximo 17 de novembro celebrase en Santiago o GDG Galicia DevFest. En R estamos encantados de colaborar cun dos eventos tecnolóxicos de primeiro nivel que se celebran na nosa comunidade.

Vai reservando entrada, porque ademais é gratis. E anota de novo na axenda do teu móbil: 17 de novembro en Santiago, na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC (rúa de Lope Gómez de Marzoa).

Que é o GDG Galicia DevFest

Trátase dun evento pensado para profesionais das novas tecnoloxías, tanto para xente que quere aprender como para persoas que están a desenvolver a súa actividade neste eido.

Falarán poñentes de primeiro nivel e haberá talleres prácticos, polo que a parte teórica e a práctica se van dar a man.

Charlas

Dende primeira hora falarase de temas máis que interesantes:

  • 11:00 - Orquestrando microservizos con Spring Cloud Netflix (José Juan Dios Otero - Plexus Tech)
  • 12:00 - Pausa café
  • 12:30 - Debes considerar usar Flutter no teu proxecto? (Fernando Souto Senior - MOBGEN | Part of Accenture Digital)
  • 13:30 - Improving scheduling decisions in Kubernetes (Javier Provecho - Telefónica)
  • 14:30 - COMIDA (gratis)
  • 15:30 - Charla de temática legaltech pendente de confirmar (Bárbara Román - NoLegalTech)
  • 16:30 - 5 tips e 9 razóns para programar en Ruby on Rails (Betsabeth Torres - Freelance e RailsGirls Venezuela)

Talleres

En paralelo ás charlas, realizaranse estes obradoiros:

  • 11:00 - Machine Learning in practice (Marta Sestelo e Nora M. Villanueva - Gradiant)
  • 12:00 - Pausa café
  • 12:30 - Taller de Gitlab CI: Creación, build e CI/CD con Gitlab CI (Rolando Caldas - Altia S.A.)
  • 14:30 - COMIDA (gratis)
  • 15:30 - Introdución a Actions on Google (Mercedes Rodríguez - 1millionBot)

O evento rematará ás 17:30, cun sorteo de material de Google e a saída ata a zona vella de Santiago para tomar cañas.

Dende R recomendámosche que non deixes de apuntarte porque as prazas do GDG Galicia DevFest son limitadas.