A produción e o consumo de enerxía representan o 75% das emisións de CO₂ da UE. E alcanzar a neutralidade climática require dunha transición cara a un sistema enerxético máis sostible no que as tecnoloxías de vangarda teñen moito que ofrecer.
Neste contexto, R e EcoMT -o noso socio tecnolóxico especialista en IoT, enerxía e datos, con presenza en máis de 51 países- deseñaron unha solución coa que aforras enerxía, ao tempo que coidas do medio.
Aspectos clave do “Plan de aforro enerxético” en vigor
Como probablemente saberedes, xa entrou en vigor o "Plan de aforro enerxético" do Goberno de España, que implica o seguinte:
- Limitar a temperatura do aire acondicionado a 27º e a calefacción a 19º.
- Peche automático de portas para espazos quecidos ou refrixerados.
- Apagado automático de luces de escaparates e edificios ás 22:00h.
- Información sobre temperatura e humidade.
- Revisión de caldeiras.
- Teletraballo 3 días á semana para os funcionarios do Estado.
Neste contexto, en R podemos axudarvos a reducir o voso consumo enerxético e a optimizar os vosos procesos de negocio poñendo en marcha accións como a xestión das vosos instalacións en remoto ou analizando e optimizando o consumo enerxético da vosa empresa, ademais de controlar variables como a temperatura de consigna ou os horarios de iluminación.
Tamén é importante crear e supervisar paneis de control con aqueles indicadores máis relevantes para a vosa organización e conectar e adquirir os datos en tempo real de calquera máquina de climatización ou industrial.
Todas estas medidas axudaranvos, ademais, a cumprir coa normativa vixente e a evitar calquera sanción.
Para que vos fagades unha idea do aforro que podedes conseguir, unha tenda ou oficina grande pasaría facilmente de 700KWh/día de consumo diario a 500KWh/día, o que cos prezos actuais da electricidade, aproximadamente 0,20€/KWh, supón máis de 14.600€/ano de aforro.
E todas estas accións levámolas á práctica coa solución EcoSmartR.
En que consiste EcoSmart?
Os grandes cambios requiren de grandes ferramentas, e por iso EcoSmart conta con tres niveis de acción capaces de abranguer todas as necesidades relacionadas co aforro e a política de RSE do teu negocio:
- Primeiro nivel: integración de máquinas e dispositivos para conectar as empresas. Automatiza o comportamento dos activos inmobiliarios e procesos para garantir que funcionen correctamente.
- Segundo nivel: OTEA, aplicación IoT de xestión e operación. Recolle datos dos activos e convérteos en información clara para avaliar e configurar medidas aliñadas co aforro de enerxía e a estratexia de sostibilidade.
- Terceiro nivel: Servizos para reducir a carga de traballo. Co apoio de EcoMT, encargámonos de aforrarvos tempo e custos facilitándovos servizos de operación sobre os vosos activos, data mining ou consultoría enerxética, para que vos centredes no importante.
Cales son as principais vantaxes de EcoSmart R para a vosa empresa?
- Eficiencia: recolle datos en tempo real e procésaos na nube utilizando big data e machine learning para optimizar o consumo de electricidade, auga ou gas de forma eficiente e, polo tanto, máis sostible.
- Seguridade: protexe os activos centralizando coa nosa solución a operación en remoto de múltiples sistemas ou máquinas e configurando alarmas para que vos avisemos ou actuemos pola nosa banda se hai sobreconsumos, avarías ou fugas.
- Sostibilidade:un compromiso coas persoas e o medio impulsando a dixitalización, a eficiencia e o autoconsumo. Poderedes crear, así, espazos saudables para o voso equipo controlando a calidade do aire de forma intelixente e reducindo as emisións a través do impulso das renovables e do aforro de subministracións.
- Escalabilidade: vós decidides ata onde queredes chegar. Pola nosa banda, axudámosvos a construír un ecosistema dixital que se adapta ao voso negocio e medra convosco.
EcoSmart é o resultado do obxectivo compartido por EcoMT e R de acompañarvos as empresas na vosa transición enerxética mediante o desenvolvemento de ecosistemas de autoconsumo, medidas de eficiencia enerxética e políticas de sostibilidade que aforran custos ao tempo que fortalecen o compromiso co planeta.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área comercial empresas.