Cada 12 de maio celébrase o Día Europeo das Pemes, un xeito de recoñecer a importancia das pequenas e medianas empresas na nosa economía. Porque as pemes supoñen arredor do 99% do tecido empresarial en España e empregan a case un 70% dos/as traballadores/as.
Algo similar ocorre no conxunto de Europa: representan máis da metade do Produto Interior Bruto (PIB) da zona euro e contan nos seus cadros de persoal con máis de 100 millóns de persoas. Así que, a día de hoxe, nas pemes concéntranse dous terzos de todo o emprego na UE e estímase que no últimos cinco anos se xeraron nelas 85 de cada 100 novos postos de traballo.
Características e tipoloxías de pemes
Que é unha peme? Por definición, é unha pequena ou mediana empresas que non superaos/as 250 traballadores/as e cuxo volume de negocio non excede os 50 millóns de euros anuais.
As pemes divídense en: microempresas (1-10 traballadores/as e volume de negocios anual que non supera os 2 millóns de euros), pequenas empresas (10-50 empregados/as e volume non superior aos 10 millóns de euros) e medianas empresas (50-250 e volume de negocios por baixo dos 43 millóns de euros).
Unha dúbida habitual é se os/as autónomos/as se poden consideran pemes. Si, sempre que cumpran os criterios sobre o número de empregados/as e importes financeiros e ademais exerzan actividade económica; é dicir, se venden directamente produtos ou servizos.
Desvantaxes e materias pendentes
Ninguén dúbida do papel decisivo que xogan as pemes nas economías actuais pero as súas características e as súas dinámicas de traballo son tan descoñecidas como dispares. As pemes son ese restaurante, salón de peiteado ou tenda ao que imos cada día. Son parte da nosa rutina e teñen unhas peculiaridades e necesidades moi diferentes ás das grandes empresas.
Os informes da Comisión Europea poñen o foco sobre algúns dos principais problemas aos que se enfrontan as pemes: os custos de produción e distribución; o acceso ao financiamento; a dificultade para captar e reter persoal cualificado; ou a imposibilidade de fidelizar clientes nun mercado cada vez máis cambiante, deslocalizado e con gran competencia.
Mención especial merece o problema da morosidade. Un 70% das facturas que emiten as empresas páganse con atraso, situación que se agudizou coa pandemia e que se lles suma aos dilatados períodos de pago habituais por parte da Administración Pública.
A todo iso súmanse o elevado número de trámites administrativos que debedes realizar, en ocasións, ademais, custosos e prolongados no tempo; as restricións dunha lexislación que avanza a contagotas no medio da disparidade existente; e unhas cargas impositivas que dificultan os investimentos.
Axudas e subvencións
Neste momento faise máis necesario que nunca habilitar instrumentos e ferramentas que vos permitan embarcarvos en proxectos de transformación dixital para competir e posicionarvos no mercado global.
A Dirección General de Política de la Pyme (DGPYME) é o organismo encargado de regular as axudas e subvencións para pemes a nivel estatal. Neste sentido, a administración pública conta con liñas de axudas das que vos podedes beneficiar para implantar solucións máis innovadoras e competitivas ou para internacionalizar a vosa peme e tamén se sodes mulleres emprendedoras e se contratades a menores de 25 anos ou a persoas en situación de exclusión social ou con discapacidade.
Axudas como as do Programa Kit Dixital, do que somos axentes dinamizadores en R, son unha boa medida para que as pemes vos embarquedes con éxito na transformación dixital que marca a actualidade.
Este Día Europeo das Pemes é un bo momento para reivindicalas como grandes xeradoras de emprego, actividade económica e desenvolvemento local. En R achegámosvos, dende a proximidade, toda a nosa experiencia e coñecementos para axudarvos a chegar onde pretendades.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para pemes, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas.