O risco de incendios é cada vez máis elevado e ten un alto impacto económico e ambiental. E en R cremos que tecnoloxías emerxentes como a Intelixencia Artificial ou o 5G poden ser vitais á hora de previr, combater e minimizar os danos duns lumes que lles castigan especialmente ás zonas do norte.
En 2022, España figuraba como o país máis queimado da UE, segundo datos do Sistema Europeo de Información sobre Incendios Forestais (EFFIS). Concretamente, superáronse os 2.600 incendios, que lles afectaron a máis de 250.000 hectáreas de bosques. Nesta mesma clasificación indícase tamén que as rexións do noroeste somos as máis prexudicadas. Ademais, falamos de incendios que cada vez teñen maior entidade e resultan máis difíciles de controlar.
Así que a loita directa sobre os incendios mediante a detección temperá, a implantación de medidas de autoprotección e unha xestión forestal sostible son tres piares básicos para minimizar o impacto dos incendios forestais e do cambio climático.
R, traballando por un "territorio Intelixente"
Pola nosa banda, en R traballamos para lles dar resposta aos retos da próxima década con propostas de modernización dixitais.
Unha das nosas liñas de actuación é a do "territorio Intelixente", que propugna un cambio estrutural do medio rural a través dun ecosistema baseado xustamente niso, en territorios “intelixentes”.
E no marco desta iniciativa impulsamos unha tecnoloxía que utiliza as capacidades da Intelixencia Artificial e a tecnoloxía 5G para detectar incendios.
Como funciona a tecnoloxía de R para detectar incendios
A nosa tecnoloxía (actualmente en fase de probas) implica a colocación de cámaras de vídeo e sensores para a detección de incendios que estean a funcionar as 24 horas do día.
Estas cámaras rotatorias funcionan con visión natural e colócanse en torres de telecomunicacións situadas en zonas altas, pois adoitan ter elevado risco de incendio e, ademais, gozan dun campo de visión de varios quilómetros á redonda. En todo caso, hai que garantir sempre a súa cobertura e óptimo funcionamento.
O sistema dispón dun programa de Intelixencia Artificial que rastrexa imaxes de lume e fume de maneira autónoma, sen necesidade de intervención humana. No caso de incendio, a rede neuronal de sensores detectará de forma inmediata tanto fume como lume e, en base a patróns de comportamento que utilizan IA, calibrará o seu perigo e definirá se é o inicio dun incendio. Para maior capacidade de acerto, contrástase a alerta con circunstancias da contorna, clima ou nivel de humidade.
De seguido envíase unha alarma e as capturas do incendio ao centro de control determinado e ás autoridades competentes, que terán acceso directo á información gravada polas cámaras. Dende ese centro de control revísase a alarma, visualízase e, en caso de risco, tómanse as accións oportunas.
Toda esta rede neuronal de detección de incendios utiliza a nosa avanzada rede de telecomunicacións, capaz de achegar a seguridade e a fiabilidade que un sistema tan determinante e complexo require.
Porque en R apostamos dende sempre pola innovación e buscamos a maneira de tirarlle o máximo partido para que nos axude a resolver os retos e problemas que nos atinxen máis de preto en Galicia.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.