A análise de datos leva décadas existindo nas empresas en forma de Business Intelligence. Pero é agora cando a capacidade de explotación dos datos mellorou de forma exponencial coa incorporación de novas tecnoloxías como IoT, Big Data ou a Intelixencia Artificial.
Sobre iso fálanos José Ramón Ramos, consultor de negocio de grandes empresas e administracións publicas en R.
A importancia do dato na empresa
En cada empresa coexisten diferentes fontes e tipos de datos. Isto provoca desaxustes e traballo por duplicado e impide aproveitar todo o seu potencial.
Así nolo explica José Ramón Ramos.
Algúns exemplos dos beneficios dunha eficaz xestión do dato
Coñece, da man de José Ramón Ramos, que beneficios reporta unha correcta xestión do dato nas áreas de produción, loxística, vendas/márketing ou financeiro.
Que analítica de datos necesita a miña empresa?
Pois depende... queres calcular a demanda, planificar compras, distribuír espazos ou optimizar rutas de loxística?
Cada empresa ten as súas necesidades e hai un tipo de analítica máis apropiada para elas.
En R axudámosche a identificar os puntos débiles da túa empresa
Podemos ser o mellor acompañante e orientador táctico para a túa estratexia do dato. Tanto se estás en fase inicial coma se xa dispós dun estado de madurez na explotación dos teus datos empresariais, verás como consegues beneficios reais dende o primeiro momento.
Se queres máis información sobre as nosas solucións tecnolóxicas en materia de Data Analysis (ou Análise do dato), subscríbete ao noso boletín ou contacta co/coa teu/túa asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.