Os/as clientes/as son o voso maior tesouro e centrades boa parte dos vosos esforzos en atopalos, responder as súas necesidades e, na medida do posible, fidelizalos. Por tanto, a xestión da relación con eles/as é un piar fundamental de toda empresa, independentemente do seu tamaño, sector ou localización.
Como xestionar de forma eficaz a relación co/coa cliente/a?
Os sistemas CRM ou 'Costumer Relationship Management' convertéronse na opción máis buscada, especialmente nas actuais contornas e mercados dixitais, xa que permiten automatizar as campañas e a xestión integral da relación co/coa cliente/a a través dunha estratexia de negocio enfocada á súa satisfacción.
Un dos seus principais valores é que achega información detallada, unificada e actualizada sobre os/as clientes/as reais e potenciais e as súas compras. A maior coñecemento, establécese unha relación máis personalizada e directa que se traduce en maiores posibilidades de vendas e fidelización.
Dispoñer destes datos permítevos tamén personalizar as vendas e executar campañas automáticas de márketing planificando o proceso de conversión a venda sobre clientes/as potenciais. Unha nova forma de enfocar as túas comunicacións (e-mailing), planificadas, automatizafas e segmentadas segundo o voso público obxectivo. Unha plataforma software CRM eficiente permite programar correos electrónicos, establecer respostas automáticas ou enviar mensaxes recordatorias que vos evitarán investir tempo en tarefas repetitivas.
Ademais, facilita o seguimento do avance e o resultado das vosas campañas, ver cales funcionan e cales non, e dispoñer de datos detallados, por exemplo, sobre o custo por cliente potencial ou por área. É dicir, achega un maior control do investimento e aforra custos, centrando a vosa estratexia comercial naquelas accións que obteñen mellores resultados. Porque un dos beneficios do CRM máis contrastado nas empresas é a súa capacidade para xerar un alto retorno sobre o investimento (ROI) e lograr prognósticos de venda acertados.
E, por suposto, mellora a xestión de 'leads', eses/as compradores/as potenciais que mostraron interese nos produtos ou servizos da vosa empresa e cuxa xeración é clave para crear novas oportunidades de negocio.
Toda a información relevante das interaccións cos/coas clientes/as rexístrase de tal forma que sexa posible o acceso e a consulta do histórico de xestións dunha maneira sinxela e colaborativa. Doutra banda, almacénase con total seguridade, accedendo sempre que o necesitedes e dende calquera dispositivo. En pleno auxe do teletraballo e cando a oficina deixou de ser un espazo físico estático, o acceso inmediato multidispositivo para todos os membros do equipo é fundamental e mellora a produtividade.
Trátase de sistemas especialmente seguros nos que a información crítica se atopa aloxada na nube. As solucións cloud supoñen unha nova forma de almacenar, xestionar e acceder aos datos sen incorrer en grandes custos.
Os sistemas CRM tamén achegan imaxe e identidade corporativa mediante un sistema transparente e compartido de acceso á información. En moitos casos, permiten ademais a integración con outros sistemas que xa teñades instalados e funcionando na vosa empresa.
Como medio que achega un novo enfoque ás vosas accións e tarefas comerciais grazas á parametrización e configuración dos procesos de comercialización do negocio, estes sistemas facilitarán e optimizarán a vosa planificación e seguimento comercial.
O máis práctico é que elixades sistemas escalables e que se axusten ás vosas necesidades específicas. Dende R, como asesor tecnolóxico integral, podemos axudarvos. Ademais, agora están dispoñibles as axudas do programa ‘Kit Dixital’.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas.