A maior parte da contaminación urbana ten a súa orixe no transporte; pero reducir as emisións é posible. Para axudar a facelo realidade participamos en CRETA, un proxecto innovador que impulsa a mobilidade sostible e reduce as emisións do tráfico mediante a tecnoloxía 5G.
O obxectivo de CRETA é crear e implantar unha solución de xestión activa e dinámica do transporte e da mobilidade baseada no control das emisións reais de cada vehículo e a optimización do fluxo do tráfico mediante diferentes tecnoloxías disruptivas. Así se consegue reducir as emisións do transporte e protexer o medio ambiente.
Como o fai? O proxecto CRETA integra tres tecnoloxías diferentes: o 5G, a tecnoloxía de medición remota das emisións do tráfico; a analítica avanzada e Intelixencia Artificial, para a óptima xestión da mobilidade do tráfico; e a calidade do aire.
Nestas tecnoloxías aséntanse os piares básicos de CRETA:
• As comunicacións, mediante a creación dun sistema 5G capaz de interconectar en tempo real datos entre sensores, infraestruturas e vehículos.
• A mobilidade, coa posta en marcha dun sistema de tarificación variable en función do uso e das consecuencias ambientais externas que produce cada vehículo e mesmo segundo a taxa de emisións por pasaxeiro.
• O ambiental, a través do control remoto da redución da fonte de emisións (tráfico rodado) con sistemas de teledetección autónomos conectados á rede 5G.
Proxectos piloto para levar os beneficios do 5G á mobilidade sostible
Para o lanzamento de CRETA desenvolveranse tres proxectos piloto que demostrarán en áreas estratéxicas os beneficios de aplicar a tecnoloxía 5G á redución de emisións do tráfico: xestión da mobilidade urbana e zonas de baixas emisións; mobilidade interurbana e de acceso ás cidades; control transfronteirizo e pago por contaminación.
Para o primeiro deles levarase a cabo unha demostración dun sistema global de control remoto, análise e xestión intelixente da mobilidade urbana en Madrid e/ou Alcobendas.
O segundo estudará a capacidade de tarificar de maneira xusta a circulación dos vehículos tendo en conta as súas emisións reais e individuais a partir dun proxecto piloto na área de Barcelona.
O terceiro piloto, control transfronteirizo e pago por contaminación, poñerase en marcha enIrún (Gipuzkoa) coa colaboración da Deputación Foral de Gipuzkoa e do Goberno Vasco. Con el demostraranse as capacidades para discriminar os vehículos pesados en función das súas emisións reais e, doutra banda, activaranse alertas en tempo real se se detectan vehículos sospeitosos de seren manipulados de forma ilegal.
Cos tres pilotos quérese dotar as cidades de ferramentas para a mellora da calidade do aire e a protección do medio ambiente que aumenten o benestar dos cidadáns.
Ademais, as infraestruturas viarias gozarán dun maior control da mobilidade, o cal pode mellorar a fluidez do tráfico e unha redución dos accidentes.
O proxecto CRETA nace coa ambición de exportar a diferentes países o modelo de xestión activa e dinámica do transporte e a mobilidade grazas á presenza internacional das empresas que forman o consorcio.
CRETA, un proxecto ambicioso baseado na colaboración entre empresas
O proxecto "Control da Mobilidade e Redución das Emisións do Tráfico" (CRETA) xorde do traballo conxunto dun consorcio integrado por 8 empresas españolas líderes nos seus diferentes sectores de actividade: Grupo MASMOVIL (ao que pertence R), Abertis, Cellnex, Indra, Opus RSE, Vinces Consulting e Alpha Syltec Ingenieria.
A iniciativa foi financiada con 2,7M€ pola Unión Europea-NextGenerationUE, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.
Un Plan que forma parte da estratexia de impulso á despregadura da tecnoloxía 5G incluída na axenda "España Dixital 2026" e no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e que está orientado á realización de proxectos de desenvolvemento experimental de aplicacións e servizos 5G que incidan na transformación dixital de sectores económicos clave para España.
En R apostamos con decisión pola tecnoloxía 5G, a innovación e a colaboración empresarial, e por iso nos unimos a proxectos como CRETA que, sen dúbida, xeran un impacto positivo na nosa sociedade.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.