Cantos correos electrónicospodedes chegar a recibir nun día? Seguramente a cifra sexa elevada, e xestionar de maneira eficiente todas esas mensaxes supoña un auténtico desafío. Por iso é importante elixir unha solución áxil, flexible, completa e actualizada.

Na contorna da empresa o correo electrónico é unha das principais formas de comunicación e intercambio de información tanto interna, entre o propio persoal, como externa, con provedores, clientes e contactos.

Os datos (en moitos casos, sensibles, ou mesmo confidenciais) as reunións, a axenda de contactos... todo isto forma parte da "bandexa de entrada" da maioría dos/as empregados/as, así que é indubidable a importancia de elixir un bo provedor de correo electrónico.

Que vantaxes obteredes cunha solución de correo electrónica profesional e adaptada ás vosas necesidades?

  • Gañaredes en eficiencia, axilidade e tranquilidade nas vosas comunicacións empresariais.

  • Melloraredes e cumpriredes normativas en materia de seguridade e privacidade.

  • Evitaredes que os vosos correos electrónicos se interpreten como correos non desexados e entren en filtros de correo lixo (spam).

  • Teredes copias de seguridade dos datos. Quen non rebuscou algunha mensaxe anterior para consultar o que nela se dicía? O correo electrónico é unha das principais vías de intercambio de información, polo que é habitual que neles figuren moitos datos que non sempre están almacenados en ningún outro sitio.

  • Reforzaredes a identidade corporativa ao posuír un dominio propio personalizado que transmite imaxe de profesionalidade.

O correo electrónico é, pois, determinante na actividade diaria empresarial e no mercado existen diferentes opcións que proporcionan servizos de envío ou emailing. Repasamos algunhas das máis recoñecidas.

Os máis utilizados e coñecidos

Outlook

Outlook é unha solución de correo das máis utilizadas en empresas de gran tamaño, que xestionan importantes cantidades de información e contactos.

Ademais de reunir correo, calendario, contactos e tarefas nun mesmo lugar, conta con funcións adicionais como a posibilidade de reservar salas de conferencias e facer un seguimento das confirmacións de asistencia a reunións ou agregar automaticamente pagos de viaxes e facturas ao calendario.

Outlook forma parte da solución Microsoft 365 empresa, unha maneira eficiente de terdes ao voso equipo conectado en todo momento, con acceso rápido e seguro a toda a información da empresa dende calquera dispositivo.

Gmail

Un dos servizos de correo máis utilizados tanto na túa vida persoal como profesional é Gmail. Permite personalizar o correo co formato da empresa e asignarlles a todos/as os/as empregados/as unha dirección de correo electrónico profesional co nome do dominio.

Tamén podedes crear listaxes de distribución e, ademais, chatear, facer videochamadas e chamadas de voz ou compartir arquivos e tarefas.

Gmail conta con funcións avanzadas para protexer a seguridade mediante modelos de aprendizaxe automática que bloquean máis do 99,9 % do spam, os ataques de suplantación de identidade (phishing) e o softwaremalicioso.

iCloud Mail

É un cliente de correo electrónico de Apple. Aínda que pode usarse de forma xeral, resulta especialmente interesante e compatible se se traballa con dispositivos que contan con sistemas operativos macOS, iOS e watchOS.

Con iCloud Drive pódense compartir arquivos e documentos facilmente, con xente de dentro e fóra do equipo. Ademais, dispón do seu propio servizo de almacenamento na nube, permite a navegación incógnita e utilizar ata cinco dominios personalizados e ata tres enderezos de correo electrónico personalizados por dominio.

Outros que seguro non coñecías

Proton For Business

Proton For Business é un servizo de correo electrónico especializado que lle achega privacidade e seguridade a negocios e empresas partindo do principio "os teus datos, as túas normas".

Todas as comunicacións, reunións e documentos da empresa protéxense cun sistema de cifrado de última xeración e funcións de seguridade avanzadas. Os correos, calendarios e a VPN son os eixos sobre os que se sustenta o servizo, así que conta con tres opcións diferenciadas: Proton Mail, Proton Calendar e Proton VPN.

Proton, responsable desta solución de correo electrónico, é unha empresa fundada por científicos que usa só aplicacións de código aberto sometidas a auditorías externas.

Zoho Mail

Zoho Mail é un servizo de correo electrónico seguro, encriptado, con privacidade garantida e sen anuncios. Permite crear un dominio para a empresa e configurar correos con dominio propio para os/as usuarios/as.

Conta cun amplo panel de control para acceder facilmente a todos os axustes, configuracións e personalizacións, e incorpora Streams, unha orixinal maneira de lles dar un toque de redes sociais aos buzóns de correo mediante a creación de grupos, engadindo comentarios ou chats.

Titan

Titan Mail é un completo servizo de correo electrónico empresarial que prioriza o coidado dos detalles nas relacións co/coa cliente/a.

É accesible dende calquera dispositivo móbil, tanto Android como iOS.

Permite administrar varias contas simultaneamente, programar envíos de correos electrónicose conta con opcións de procura avanzada por remitente, asunto, data ou palabra clave.

Lembra que dende R ofrecémosvos a posibilidade de contratar esta solución a través de dúas opcións diferentes: Microsoft 365 essentials, solución pensada para pemes que necesitan ferramentas sinxelas para integrar no seu negocio, e Microsoft 365 premium, para aquelas que requiren unha solución máis completa para o traballo colaborativo en remoto.

Unha das nosas prioridades é contar sempre con colaboradores expertos que vos poidan ofrecer a tecnoloxía máis completa e innovadora e contribuír así ao éxito da vosa empresa.

Se queres saber máis sobre Microsoft 365 empresa ou sobre as nosas diferentes solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.