De que lle serve á vosa empresa dispoñer das máis áxiles e avanzadas redes, sistemas e solucións de telecomunicacións se non se protexe eficazmente de posibles ataques e riscos?
Phishing -ou suplantación de identidade- e ramsonware -ou secuestro virtual de información- son só algúns dos ‘ciberataques’ máis habituais na actualidade. Todos eles prodúcense, ademais, nun contexto onde o teletraballo se erixiu como unha peza fundamental da actividade económica; conforme aumenta o número de persoas que traballan dende fóra da oficina, os ‘ciberataques’ tamén se incrementan.
R dispón de solucións multidispositivo deseñadas para manter os teus dispositivos libres de virus, spam e de todo tipo de ameazas. Porque a prevención, o control remoto e a resposta a incidentes de ciberseguridade vólvense claves para garantir a supervivencia das vosas empresas e, como asesor tecnolóxico integral, en R queremos axudarvos a minimizar o risco de sufrir un ciberataque e a protexer a información da vosa empresa.
Un plan para protexer a seguridade dos vosos negocios
En primeiro lugar, convén establecer unha Política de Seguridade que defina claramente quen é o responsable de seguridade, as súas pautas de actuación e cales son os riscos que cómpre asumir na vosa empresa, concienciando tamén diso aos usuarios finais da man dun plan de formación adecuado. Aplicar as políticas de control de seguridade da empresa é un labor de toda a organización que inclúe dende a xestión de contrasinais ao establecemento de mecanismos que eviten os accesos a webs maliciosas, entre moitos outros aspectos a ter en conta.
Hai que analizar todo o software co que traballa o conxunto da organización, en todas as áreas e independentemente da localización. É fundamental controlar quen accede e desde onde á vosa rede, accesos que deben estar controlados tamén en remoto polo administrador do sistema, que ademais achegaralle a cada empregado un usuario e contrasinal propios.
Convén non esquecer os dispositivos móbiles e extraíbles, que tamén poden ser unha potencial fonte de malware; o mellor é utilizar dispositivos específicos aprobados pola empresa, cifrados, de tal modo que poidan ser localizados se ocorre calquera contratempo. E, por suposto, resulta fundamental contar coa colaboración do empregado, que lle notifique á empresa canto antes calquera incidencia que detecte na súa actividade. Concienciar os traballadores da importancia de coidar a seguridade da empresa é indispensable en toda organización.
,edidas como o cifrado de comunicacións, usar contrasinais e correos electrónicos seguros, sistemas operativos sempre actualizados ou realizar copias de seguridade pódenvos axudar a manter a vosa empresa segura, coa vista posta nun modelo que será quen de protexer a información no seu conxunto, un obxectivo para o que resultan fundamentais estes tres aspectos:
· Contar cun técnico experto que configure os equipos e instale as aplicacións de control de seguridade.
· Dispoñer dun soporte técnico 24/7 que inclúa unha asistencia experta inmediata e ilimitada que permita detectar de forma temperá a incidencia e tomar medidas de maneira rápida, sobre todo para a recuperación de datos, accedendo ao backupde seguridade de calquera plataforma á nube.
· Un mantemento e xestión experta para ter as ferramentas sempre actualizadas.
En definitiva, a ciberseguridade é un factor esencial que cómpre coidar en toda empresa; e debe facerse de forma continua, clara e profesional, dispoñendo de ferramentas e servizos especializados e actualizados que nos axuden a evitar problemas e contratempos non desexados.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co noso equipo da área comercial empresas.