Aumentar a produtividade é clave en calquera negocio, xa que dela dependen ingresos, rendibilidade, a súa posición no mercado e, en resumo, o seu futuro. Aínda que cada empresa é diferente e ten as súas propias necesidades e fluxos de traballo, hai unha serie de consellos e recomendacións que vos resultarán útiles independentemente do sector ou do tamaño.
- Coñece a túa empresa e elabora unha estratexia de negocio. Necesitas definir claramente os teus obxectivos principais de forma realista e o máis detallada posible para elaborar unha folla de ruta e orientar cara a eles o esforzo.
- Nunha palabra: sinerxias. O traballo en equipo e fomentar a colaboración e a comunicación son claves para alcanzar o éxito nun negocio. E non abuses das reunións, xa que poden chegar a ocupar boa parte do tempo dos teus empregados e non resultar produtivas; convén acudir a elas co encontro debidamente preparado e cos puntos do día claramente definidos.
- Aprende a delegar. Non é o mesmo coñecer a túa empresa que saber con detalle que actividade diaria desenvolve cada persoa e cada departamento, especialmente cando a empresa medra. Liderar implica outorgar responsabilidades de forma organizada á xente máis adecuada para cada tarefa.
- Formación continua. Os recursos humanos da empresa son un elemento fundamental. E, do mesmo xeito que debemos modernizar as nosas máquinas, servidores e tecnoloxías, as nosas persoas tamén deben posuír coñecementos suficientes e actualizados para afrontar a súa labor de forma produtiva, non só a nivel técnico senón tamén en facetas como a comunicación, o márketing, falar en público, a xestión de crise, a negociación, o liderado, o traballo en equipo ou as novas plataformas e tecnoloxías dixitais.
- Flexibilidade, creatividade, traballo en equipo. Un traballador satisfeito, motivado e comprometido, resulta máis produtivo. E a satisfacción depende de moitos factores, non só dos económicos, tales como a flexibilidade, a autonomía, o sentirse parte dun equipo, a carreira profesional, o plan formativo ou a non realización de tarefas repetitivas e mecánicas.
- Máis innovación e máis tecnoloxía. A día de hoxe, a tecnoloxía e a innovación convertéronse en grandes aliadas para a empresa. O impulso da tecnoloxía á produtividade non é algo novo: xa ocorreu na década dos 90 coa chegada das primeiras novas tecnoloxías. A día de hoxe, tecnoloxías revolucionarias como o Big Data ou a Intelixencia Artificial propician procesos máis eficientes, amplían a capacidade de produción, minimizan erros e as súas consecuencias axudan a optimizar tempos e recursos, a automatizar procesos e mesmo a crear novos postos de traballo.
Mención especial merecen as aplicacións e solucións na nube; unha grande opción para traballar con seguridade, de forma eficiente, sen necesidade de grandes investimentos e podendo ademais adaptarse a necesidades específicas. Nunha época en que usamos cada día as ferramentas colaborativas e o teletraballo, o cloud permite, por exemplo, compartir documentos ou enviar arquivos dende calquera dispositivo e lugar.
Investir na tecnoloxía adecuada sen perder nunca de vista os estándares de calidade e a normativa aplicable a cada sector é mellorar a proposta de valor aos vosos clientes a través dun maior coñecemento das súas necesidades e demandas, achegándovos maior fiabilidade e diferenciación no mercado.
Sabemos que non é fácil conseguir que unha peme sexa eficiente, especialmente cando comeza a súa andaina, pero a produtividade é unha auténtica necesidade para garantir a viabilidade de toda empresa. As boas prácticas e a tecnoloxía poden axudarche a alcanzala.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área Comercial Empresas.