Aforro é a palabra máxica que toda peme quere escoitar. Instalacións, persoal, iluminación, mobiliario, servizos de telefonía, comunicacións... son moitos os gastos que toda afrontar cada mes e en ocasións resulta complicado elixir entre as múltiples ofertas que existen no mercado.
Cada peme ten as súas propias necesidades e non hai un patrón xenérico que nos axude a elixir a ansiada mellor oferta. En calquera caso, antes de contratar os vosos servizos de internet e telefonía fixa e móbil, debedes revisar detidamente as distintas propostas. Porque moitas veces inclinámonos por rechamantes ofertas que suscitan a nosa atención aínda que en realidade nos ofertan servizos que non necesitamos. Os estudos alertan de que deixarse levar polas ofertas é precisamente un dos erros máis habituais á hora de contratar un servizo de comunicacións. Así que o primeiro é estudar que necesitamos realmente e elaborar un plan que se axuste ao noso consumo real para que o barato non termine saíndo caro. É importante contar cun asesoramento que entenda as túas necesidades e elabore unha oferta axustada aos teus consumos reais, sen que teñas que contratar servizos, gigas ou minutos que realmente non necesitas.
Outro punto importante a ter en conta é a flexibilidade da oferta e do produto, tanto para facer cambios como mesmo para unha posible cancelación do servizo, se fose necesario. Canto me custaría dar de alta varias liñas máis se contrato persoal? E se agora varias persoas están teletraballando? As necesidades da organización non son estáticas e, aínda que resulte imposible anticiparse a elas, sempre resultará máis cómodo, e seguramente máis barato, se dispoñemos dun servizo adaptable e personalizable que poidas pagar de acordo ao teu uso.
Non debemos dar nada por suposto; todo aquilo que non figure expresamente por escrito non existe e pode levarnos nun futuro a fatigosas dúbidas e reclamacións.
Doutra banda, en toda relación contractual hai un momento decisivo: cando a finalización do contrato está preto; é nese momento cando a peme debe revisar con calma o uso que fixo e fai do contratado, a súa satisfacción co resultado e se respondeu ás súas expectativas; ao mesmo tempo que o provedor se afana por manter ao cliente. É o momento ideal para renegociar condicións, prezos e servizos.
Que é posible aforrar na factura confírmano diferentes estudos realizados, que falan dunha posibilidade de aforro estimado que superaría o 25%. Coñecer a túa empresa e as túas necesidades, dispoñendo dunha desagregación dos servizos que especifique o que cobre cada un deles, sendo consciente das datas de vencemento dos contratos e/ou das permanencias posibles e, se é necesario, confiando en profesionais que che axuden a elixir a opción máis adecuada son básicos para que poidas optimizar o teu gasto en comunicacións.
En R ofrecémosvos “Solución Pemes”, que inclúe, entre outros servizos, postos fixos e móbiles, máxima velocidade e máis gigas para un acceso a internet con IP fixa , wifi e centraliña virtual na nube.
As novas tecnoloxías tamén poden axudarche a alixeirar a túa factura, facendo uso de reunións virtuais, ferramentas colaborativas... En plena era de transformación dixital das empresas, dispós de moitas ferramentas que poden liquidar moitas das túas necesidades diarias independentemente da túa localización e aforrando gastos de desprazamento.
E tampouco perdas de vista as numerosas axudas ou subvencións que poñen en marcha as Administracións Públicas.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións para pemes, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área comercial Empresas.