Chegaches á fase de vender online: xa tes a túa web funcionando á perfección e estás preparado para incorporarte ao comercio electrónico. Pero antes de activar esta novidade na túa web, debes comprobar que todos os pasos do proceso de venda online están correctamente deseñados e que cumprirán as expectativas dos teus clientes.
Unha vez que o teu cliente xa ten claro o produto que quere adquirir, comezará o proceso de compra. E agarda que todo sexa seguro, claro e breve.
Pasos da venda online
- Verificación: a túa web debe dispoñer de varios botóns situados en distintos lugares para facilitar a verificación ou o check out dos produtos que se queiran adquirir.
- Rexistro de usuario: a túa web debe incluír un formulario de usuario moi fácil de encher para o novo usuario e fácil de acceder para os usuarios xa rexistrados. Á hora de deseñar os formularios, debemos ter claros os datos que necesitas e non facelos moi longos. Dese modo, evitamos que o usuario abandone na metade do proceso e non realice a compra.
- Clicks: o ideal é que non se realicen moitos clicks e que sempre poidas ver todos os datos nunha soa páxina. No caso de que se realicen os clicks en varias páxinas, tes que indicar en que proceso da compra está o cliente en todo momento.
- Paso final: á hora de realizar o pago, a web debe incluír o certificado de seguridade SSL. Este asegura que toda a información da internet transmítese de forma encriptada. Este certificado aparece en todas as páxinas nas que se introducen datos persoais e é moi importante resaltalo para afianzar a confianza de compra do teu cliente.
E se non teño tenda online?
Se aínda non estás preparado para ter nunha web unha sección de venda online, non te preocupes. Existen webs intermediarias que che poden facilitar este servizo. Encárganse de todo o proceso de compra.
Hoxe en día existen diferentes webs, dependendo do sector, que actúan como intermediarias para que os teus produtos compitan con outros similares. Está claro que debes asinar un acordo coa web intermediaria porque levará unha porcentaxe da venda dos teus produtos e ti debes establecer un prezo competitivo para que poidas obter rendibilidade.
Algunhas webs intermediarias son Amazon, Etsy, Ebay e Aliexpress, entre outras, algunhas delas están especializadas en determinados sectores pero outras como o xigante Amazon abarcan todo tipo de produtos.
E ti, tes tenda online?
Ata a próxima!
Imaxe de Kai Oberhäuser.