Os teus clientes son fundamentais para a supervivencia da túa empresa. Identificalos é un dos primeiros pasos que debes seguir na definición do teu plan de negocio.
Se aínda non tes claro que facer para coñecelos, a continuación contas con tres claves para definilos.
Non encasilles os teu clientes.
Foxe da ambigüidade á hora de definir ao teu público obxectivo. De nada serve que segmentes aos teus clientes pola súa idade se descoñeces que é o que realmente precisan ou que lles gusta.
O teu obxectivo debe ser describilos como o que son, un grupo de persoas nunha contorna coas súas necesidades, motivacións, características e que ademais, teñen en común unha visión do mundo.
É importante que durante este proceso empatices con eles e abandones a idea de que es capaz de predicir os gustos dos demais. A unha mesma persoa pódenlle gustar cousas moi dispares que non teñen porque ter relación entre si.
A investigadora Kate Barasz explica neste artigo como profunda neste tema a través dun estudo “sobre o papel que a semellanza e a diferenza xogan na nosa predición sobre as preferencias dos demais”.
Empatiza cos teus clientes
A empatía é unha das habilidades máis útiles na definición do teu público obxectivo. Poñerse nos zapatos dos teus clientes axudarache a saber que é o que pensan, que fan, que é o que senten, que cousas desfrutan ou que é o que valoran.
Os teus clientes poden ter puntos de vista diferentes aos teus. Comprendelos e ver que non hai unha solución única, axudarache a coñecelos mellor.
Se non es capaz de empatizar co teu público obxectivo é moi difícil que consigas crear nada para el.
Huminaza os teus clientes
Se xa conseguiches empatizar cos teus clientes e coñécelos mellor, narra unha historia breve e coherente na que describas a súa personalidade e motivacións.
Ponlle nome e apelidos se queres. Humaniza ese segmento da poboación que conforma o teu público para comprender mellor a que tipo de persoa ao que te queres dirixir.
Esta información será moi útil. Coñecer aos teus clientes axúdache a mellorar a túa proposta de valor. Ademais, facilítache a procura de clientes aos que presentarlle os teus produtos ou aos que entrevistar para coñecer novas facetas.
O teu plan de negocio só funcionará se coñeces de corrida aos teus clientes. É necesario que realices unha investigación de mercado para conseguir definilos e coñecelos.
imaxe:gyphy