O sector industrial atópase inmerso nunha carreira cara á Industria 4.0 na que resulta indispensable integrar as novas tecnoloxías e aproveitar as oportunidades que lle proporciona a Intelixencia Artificial.
A crecente diversidade en fontes de datos resultado da integración de IoT e os produtos intelixentes fai crucial manter a precisión das predicións e a escalabilidade dos modelos, tanto se falamos de I+D como de aplicacións en tempo real na produción.
E como se están optimizando os esforzos en I+D, a análise de produción e a eficiencia operacional grazas á aplicación da Intelixencia Artificial?
- Análise de fallos e detección de defectos con ML e root cause, que permiten reducir ata un 97% de custos.
- Mantemento preditivo que reduce un 20% os custos asociados ao tempo de reparación.
- Mellora da calidade e diminución dos produtos defectuosos grazas á analítica.
- En cuestións de I+D, contribúe a optimizar deseños e a mellorar os procesos de test e probas de produtos.
- Aplicada á loxística, a IA mellora a previsión de vendas, reducindo en ata un 65% as potenciais vendas perdidas.
- Estimación dos riscos asociados aos clientes utilizando recomendadores de produtos e puntuación de clientes potenciais.
A Intelixencia Artificial é unha aposta á alza nas empresas dadas as súas múltiples vantaxes en canto á mellora de modelos de atribución de márketing e da clasificación de valores dos sensores; a detección de anomalías en tempo real; a optimización da configuración da maquinaria; a inserción de Machine Learning en produtos intelixentes; e, en termos xerais, a transformación da análise da cadea de subministración.
En definitiva, chegou a era da IA e a aprendizaxe automática e as compañías industriais que a integren e valoren como introducila en todos os ámbitos da súa organización impoñeranse con rotundidade á competencia.
En R somos coñecedores das moitas vantaxes que pode achegar a Intelixencia Artificial aplicada a todo negocio e dispoñemos dun equipo especializado, BAI Analytics, que pode axudarvos a implantar con éxito solucións de Intelixencia Artificial na vosa empresa, sexa cal sexa o seu tamaño ou o grao de madurez dos seus datos.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións de Intelixencia Artificial para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas.