O coronavirus segue aí e vainos acompañar durante un tempo, así que debemos afacernos a convivir e traballar con picos e rebrotes, mesmo con confinamentos puntuais para os que as empresas debedes e queredes estar preparadas.
A tecnoloxía é a grande aliada para enfrontarse con éxito á nova situación, pero non só hai que dispoñer dela; tamén cómpre que estea ben asimilada, adaptada e aliñada co negocio; é dicir, hai que vincular de forma efectiva tecnoloxía e negocio.
Cales son as empresas mellor preparadas para seguir centradas no seu negocio? Sen dúbida, as empresas resilientes son aquelas que mellor deron resposta á nova realidade e as que puideron manter a súa actividade malia o distanciamento social, a ausencia de desprazamentos e a todas as novas normas que nos impón a COVID-19.
En xeral, falamos de empresas semidixitas, como moitas das que sodes clientes de R, ás que dispoñedes de acceso ás ferramentas tecnolóxicas necesarias para manter a operativa de traballo e de toda a información necesaria de forma segura en calquera momento.
Pola nosa banda, dende R envorcámonos en axudarvos ás empresas a afrontar a nova situación poñendo á vosa disposición o conxunto dos medios que necesitades para o teletraballo: conectividade para o acceso corporativo, comunicacións unificadas, solucións de traballo colaborativas como o Office365 e acceso ás aplicacións e información corporativas. Porque o teletraballo veu para quedar e cremos que o posto de traballo do futuro é un 'sen posto' no que seguramente xa non dispoñeremos dun lugar físico ao que acudir cada día senón que traballaremos dende calquera localización e en calquera momento de forma áxil, segura e a pleno rendemento.
Proximidade, seguridade e dispoñiblidade
R integra as súas redes de centros de datos próximos, a túa rede corporativa e a nube pública nunha mesma plataforma tendo en conta tamén outras necesidades como dispositivos; conectividade corporativa; seguridade e xestión, sempre dende unha perspectiva xeral que implique ao conxunto da empresa; tecnoloxías habilitadoras; comunicacións unificadas; ferramentas colaborativas; acceso a todos os sistemas e aplicacións e á información.
Somos conscientes de que a 'nova normalidade' chega ademais coa necesidade de implementar ferramentas como sistemas de control da capacidade dos espazos, sistemas de descontaminación, arcos, detectores ou solucións termográficas, solucións para a nova realidade das empresas nas que tamén estamos a traballar en R.
Por todo iso, sabemos que non é fácil para ningunha empresa adaptarse á nova situación, e, aínda que xa o estades facendo, xorden iniciativas especializadas que vos poden axudar a adaptarvos á nova realidade de forma máis ordenada e eficiente.
En R, xunto con Merkatu, lanzamos un servizo de consultoría para axudarlles ás empresas a adaptarse á nova realidade. 'Empresa Adaptada' é un acompañamento pensado para consolidar a evolución da túa compañía cara á nova normalidade fixando ben os feitos e completando o mapa da dixitalización do teu negocio. Non falamos só de tecnoloxía senón tamén de procesos e persoas.
O obxectivo é que, coa axuda de expertos tecnolóxicos e organizativos, identifiquedes e desenvolvades os coñecementos necesarios para adaptarvos á nova realidade e que o fagades ademais cunha vantaxe competitiva sostible na contorna da chamada 'nova normalidade'. Pódese aprender das boas prácticas que xa desenvolvestes, identificando tamén agora as áreas non cubertas para debuxar un plan de acción ordenado que asegure a continuidade da empresa con equipos remotos no novo contexto do teletraballo e que converta nun valor competitivo o modelo de traballo remoto.
Se queres recibir máis información sobre as nosas solucións para a nova realidade das empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor.