Saber que os datos e as comunicacións da empresa están ben protexidos e salvagardados achega tranquilidade e eficiencia.
Toda empresa, independentemente do seu sector, tamaño ou localización, debe protexer o tráfico en internet. É especialmente importante para aquelas empresas que teñades empregados/as que teletraballan e acceden ou comparten información dun servidor común.
O obxectivo é dispoñer dun acceso remoto seguro para traballar en mobilidade baseándose nunha plataforma totalmente administrada.
Falamos de solucións adaptables a todo tipo de dispositivos ou, polo menos, a todos aqueles nos que traballades de forma habitual ou esporádica, que dispoñan dun firewall que protexa as comunicacións e os accesos de forma integral.
Para unha contorna de teletraballo seguro, as comunicacións deben ser privadas e cifradas SSL entre dispositivos en mobilidade e a sede principal.
Ademais, existe un control en remoto constante da actividade que alerta sobre calquera posible ameaza dixital e disponse dun sistema e reporte de control de accesos que permite ter completa información sobre o conxunto das conexións.
E, que achega á vosa empresa esta suma de funcionalidades?
En primeiro lugar, seguridade. Os vosos equipos e datos críticos están protexidos ante a exposición a internet e as contornas dixitais, que cada día se reinventan con novas ameazas.
Isto inclúe tanto á vosa sede central como calquera outra localización ou dispositivo dende onde realicedes a vosa actividade, o cal resulta determinante nun contexto no que o teletraballo e a mobilidade se converteron en algo habitual.
Tamén implica simplicidade. Do servizo ocúpanse expertos en seguridade que lles dan resposta inmediata a perigos, consultas ou incidencias, o cal permite que saibades a quen dirixirvos se fai falta e que poidades centrarvos na actividade principal do negocio. Aforraredes tempo e recursos.
De forma indirecta, melloraredes a colaboración entre o equipo de traballo, que disporá dunha contorna laboral segura e con comunicacións fluídas para compartir documentación, novidades ou reunirse.
Axilizarase a comunicación cos/as clientes/as. Non só dispoñeredes de ferramentas seguras coas que interactuar senón que tamén transmitiredes unha imaxe de confianza e profesionalidade.
Abriravos a porta a novas posibilidades de negocio e mercados, aqueles nos que é condición indispensable contar con determinadas garantías en relación coa protección da información. En xeral, axudaravos a que a empresa cumpra cos estándares de calidade e boas prácticas máis esixentes.
A ciberseguridade, unha gran prioridade
Á hora de protexer as comunicacións da vosa empresa, resulta imprescindible fixarse na ciberseguridade.
Suplantación de identidade ou secuestros virtuais de información son só algúns dos ciberataques máis habituais e que máis crebadura de cabeza dan nas empresas. Na vosa man está a posibilidade de evitalos a través de solucións de ciberseguridade integrais que protexan os vosos datos e sistemas.
As comunicacións seguras e a ciberseguridade son unha prioridade para evitar riscos innecesarios e mellorar a produtividade. En R poñemos á vosa disposición a nosa experiencia e coñecemento para que as vosas empresas sexan contornas seguras e estables. Agora tamén podedes solicitar as axudas do Kit Dixital.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas.