Un dos maiores cambios que nos trouxo a pandemia foi a transformación da nosa forma de traballar. A oficina tradicional deu paso a novas opcións de teletraballo, modelos mixtos e outras posibilidades que queren adaptarse ao ritmo de vida dos traballadores e, ao mesmo tempo, cumprir as medidas sanitarias.
E as empresas deben adaptar as súas solucións tecnolóxicas a esta nova realidade que acelerou vertixinosamente a transformación dixital. Para coñecer máis detalles sobre como están a afrontar as organizacións a situación, MCPRO e MuyCanal, xunto con Mitel e o Grupo Euskaltel, ao que pertence R, elaboramos un informe sobre a adopción das solucións de comunicación e colaboración como servizo tras realizar unha enquisa entre 166 directivos españois.
Un novo escenario de traballo
A día de hoxe, o 71% dos/as enquisados/as conta con opcións de traballo flexible nas súas empresas, unha porcentaxe notablemente menor (58%) entre as microempresas con menos de 10 empregados. Neste contexto, as videochamadas, a mensaxería instantánea ou compartir arquivos fixéronse imprescindibles para traballar en equipo e xestionar a atención ao cliente.
A voz (55%), a mensaxería instantánea (50,8%) e as ferramentas de traballo remoto (49,7%) son as solucións máis utilizadas, mentres que as comunicacións de voz fiables e con funcións avanzadas e a seguridade son as prestacións máis valoradas. Ademais, o 72% destaca a utilidade das comunicacións unificadas, como a mensaxería instantánea ou softphone, e de solucións de colaboración avanzada con videoconferencia ou compartición de escritorio, idóneas para traballar en equipo e en tempo real dende diferentes localizacións.
A importancia das comunicacións
A tecnoloxía e, en particular, o ámbito das comunicacións, sitúase agora como prioridade para as empresas, xunto coas habituais necesidades de mellora da axilidade do negocio e a redución de custos, ás que se une a procura da consolidación da infraestrutura.
Ao elixir comunicacións, as empresas requiren maioritariamente, máis dun 40%, rendibilidade sen un grande investimento inicial e con custos mensuais predicibles; simplicidade cunha soa solución cloud para comunicación, colaboración e experiencia do cliente (38,5%); e escalabilidade para adaptarse ás necesidades que requira o negocio en cada momento (28,4%). É dicir, apostan por unha oferta que combine todo o necesario en comunicación, colaboración e experiencia de cliente e, especialmente no caso das pemes, flexible para amoldarse a unha contorna cambiante.
Entón, cal é a aposta de futuro das empresas? Xa non hai marcha atrás na transformación dixital, predominan os escenarios on-premises e as solucións na nube convértense nas mellores aliadas. A confianza nos modelos na nube está clara, xa que un 70,4% dos enquisados considera que o seu negocio melloraría significativamente coa migración. A maioría optan por levar as súas comunicacións a un modelo cloud de subscrición e o cloudprivado, nos seus diferentes despregamentos, é a elección favorita das empresas.
Nas empresas enfocadas á experiencia de cliente, gran parte dos consultados confiarían nunha solución baseada na nube para o seu Contact Center, aínda que un 32% buscarían garantías sobre os Acordos de Nivel de Servizo e Calidade; case un 30% necesitaría beneficiarse dunha opción híbrida para a protección de datos e o axuste da capacidade; e o 13% querería conectar co seu CRM habitual.
Do informe dedúcese tamén que a rendibilidade, a simplicidade e a axilidade son as prioridades para as empresas. Neste sentido, Mitel e R ofrecen unha solución cloudcompetitiva, integrable, flexible, personalizable e escalable que cobre todo o ciclo de vida das comunicacións (consultoría, desenvolvemento, mantemento e actualizacións) e se concibe como un todo nun: telefonía, colaboración, contact center e integración con outras aplicacións. Albergada no centro de datos de R, con todas as garantías de seguridade, interconectividade e capacidade de despregadura, ofrécese ademais a través dese modelo de subscrición que prefiren as empresas.
Se queres saber máis sobre solucións cloud para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co noso equipo da área comercial Empresas.