Solucións termográficas, control de capacidade de recintos, analítica de datos, cidades intelixentes, telemedicina... poucos sectores parecen alleos a día de hoxe ás solucións de Intelixencia Artificial. Sabemos que optimizan a información, que automatizan procesos, que nos permiten coñecer mellor os nosos clientes e anticiparnos así, mellor, ás súas necesidades. Pero, a que nos estamos referindo realmente cando falamos de IA ou servizos de Intelixencia Artificial para a empresa?
Sen atrevernos a dar unha definición formal, a IA é unha serie de técnicas que tratan de resolver problemas utilizando tecnoloxías informáticas e matemáticas; é dicir, créanse uns sistemas ou modelos da realidade moi precisos que son quen de responder a varios tipos de preguntas para as cales necesitamos unha resposta.
Nesta liña:
- Este novo caso é dun certo tipo ou é doutro tipo? Aplicándoo a un novo cliente: vai impagar un préstamo bancario ou non? Se estivésemos a falar dunha radiografía: presenta algún signo de cancro ou non?
- Cal é a cantidade correcta para este novo caso? Algo que nos propoñeriamos ante unha vivienda: cal é o prezo polo que se vendería a miña casa?; ou ante unha estimación de venda na vosa empresa: cantas unidades dun produto venderei a semana que vén?
- É este elemento anómalo dalgunha forma? Unha utilidade que vos podería axudar a detectar posibles fallos de seguridade na vosa empresa: é esta conexión un ataque informático?; ou ante calquera operación bancaria: é este pago con tarxeta un posible fraude?
- Cantos grupos hai nestes elementos? Solucións de Intelixencia Artificial que vos axudan a saber cantos tipos de cliente tedes ou cantas e cales son as principais agrupacións industriais de rexións en base ás súas relacións comerciais.
- Que debería facer despois? Anticipámonos aos acontecementos, como no caso dun coche con condución autónoma: debería frear, acelerar, virar cara algún lado ou non facer nada?; ou dun chatbot: que frase debería escribir deseguido?
E neste contexto, que cremos en R que vos pode achegar a Intelixencia Artificial ás empresas?
O uso principal é mellorar a experiencia dos vosos clientes, procurando que cada un deles teña os produtos que necesite ao mellor prezo ou que o servizo que recibe teña unha calidade constante. E en canto á organización da empresa, optimizando o gasto en publicidade cara aos medios que ofrezan unha maior visibilidade, dimensionando adecuadamente a infraestrutura e o persoal necesario e protexendo as comunicacións.
BAI Analytics, a nosa aposta pola Intelixencia Artificial aplicada á túa empresa
En R contamos cunha ampla experiencia e carteira de clientes que a día de hoxe se están beneficiando de solucións baseadas en Intelixencia Artificial. Incorporamos un equipo de traballo especializado no uso de ferramentas e desenvolvemento de solucións de Intelixencia Artificial que nace para cubrir as necesidades comerciais, tecnolóxicas e científicas desta nova capacidade para as empresas; BAI Analytics formouse para satisfacer a vosa necesidade, como organizacións rexionais, de obter valor mediante o uso das últimas ferramentas e técnicas de datos a un prezo accesible.
E é que a Intelixencia Artificial ten usos diferentes para cada empresa e sector. Pódeche axudar a saber cal é o prezo óptimo ao que debes vender un produto co modelo de elasticidade de prezo; que máquina pode deixar de funcionar nun momento determinado, para realizar o mantemento antes de que iso ocorra a través do modelo de mantemento preditivo; ou cal é a cantidade óptima dun produto que debes ter nun almacén ou unha tenda para non prexudicar as túas vendas pero tampouco gastar demasiado en almacenamento usando o modelo de predición da demanda.
En definitiva, a Intelixencia Artificial axúdache a mellorar a competitividade e a optimizar os teus recursos en función das necesidades da túa empresa. Como sempre, aliñar tecnoloxía e negocio é a clave do éxito. Os diferentes tipos de Intelixencia Artificial aplicada á empresa ofrécenche múltiples oportunidades; é o momento de coñecelas e ver cal encaixa mellor coas túas demandas.
Se queres saber máis sobre solucións de Intelixencia Artificial para a túa empresa, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área Comercial Empresas.