Incorporar todos eses coñecementos e posibilidades dos que dispoñemos a partir da Intelixencia Artificial e extraer de forma automática a mellor solución para a nosa empresa. Ese é o obxectivo fundamental da chamada ‘aprendizaxe automática automatizada’, automated machine learning ou AutoML.
Cada día manexades máis datos nas vosas empresas, por iso é polo que a demanda de solucións como o AutoML tamén medra continuamente. A maior cantidade de datos capturados imponse máis capacidade de computación, maior variedade de algoritmos e a necesidade de implementar modelos preditivos en sistemas de produción de maneira áxil e homoxénea para aproveitar as vantaxes da ciencia de datos.
AutoML é un poderoso recurso que incorpora as mellores prácticas da ciencia do dato para mellorar a analítica de datos, o seu rendemento e a súa capacidade de avaliación ante casos de resultado descoñecido e que ademais automatiza a parte máis complexa do traballo manual: a toma de decisións.
Beneficios das solucións de Intelixencia Artificial para a túa empresa
Produtividade, eficiencia, optimización de recursos... Son moitas as vantaxes que os servizos de intelixencia artificial lle poden achegar á túa empresa. Para que vos fagades unha idea, R e todo o Grupo Euskaltel póianse en plataformas como DataRobot para realizar actividades como a selección e enxeñaría de variables, a preparación de datos, a selección de algoritmos, o despregamento e a vixilancia dos modelos de forma automática… e cunha intervención humana mínima.
De paso, estas tecnoloxías soluciónannos outra das maiores dificultades que vos atopades cando falamos de aplicar a Intelixencia Artificial á empresa: a falta dun equipo humano con formación e coñecementos especializados e as dificultades tanto para atraer como para reter a este tipo de profesionais. AutoML posibilita que persoal con aptitudes menos centradas nas áreas da ciencia de datos e a analítica creen modelos analíticos, resolvendo ao mesmo tempo a necesidade de formación e a de aproveitamento de recursos.
Pola nosa banda, todo o Grupo incorporamos á nosa división de Empresas un equipo de traballo especializado no uso e desenvolvemento deste tipo de solucións de IA, denominado BAI Analytics, cuxa labor se une ao noso equipo vinculado a proxectos de Big Data de tal forma que cubrimos todo o proceso extremo a extremo e somos quen de responder á gran maioría das demandas vinculadas á Intelixencia Artificial e ao Big Data que nos facedes as empresas.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións de Intelixencia Artificial e Big Data, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área comercial Empresas.