A dixitalización das contornas urbanas, as chamadas Smart City, son xa unha realidade, e non só nas grandes cidades. Por iso queremos axudarvos a impulsar a transformación dixital dos municipios.
Cada vez son máis os municipios que detectan necesidades que requiren a implementación de infraestruturas e a aplicación de solucións tecnolóxicas para garantir unha redución de custos; pero sendo, ao mesmo tempo, cada vez máis sostibles e xerando confianza na toma de decisións estratéxicas.
Que é un municipio intelixente ou Smart City?
Un municipio intelixente é aquel que ten a capacidade de xestionar, controlar e mellorar de maneira continua os seus recursos a través do control remoto e recompilación de datos, e a súa visualización en tempo real.
Cales son os principais obxectivos das solucións Smart City?
As solucións Smart City llespermiten ás contornas urbanas, independentemente do seu tamaño, crear espazos máis eficientes dende o punto de vista económico, social e ambiental.
Ademais, constitúen unha forma eficiente de frear tendencias como o despoboamento e fomentar a dinamización e diversificación da actividade económica.
CityMAX, a solución intelixente
CityMAX é a solución tecnolóxica de R para a transformación dixital do municipio. Mediante o uso dunha redeLora ofrece wifi para territorios intelixentes e achega melloras nos ámbitos da cidadanía, o medio ambiente, a mobilidade e a eficiencia enerxética, entre outros.
- Así, para a cidadanía conta cunha app de participación cidadá, pantallas de información e wifi intelixente.
- En relación co medio ambiente, permite medir a calidade da auga, dispón de contadores de auga intelixente, mecanismos de xestión da rega autonónoma, control de ruído, calidade do aire e recollida intelixente de residuos.
- Por outra banda, CityMAX transforma a seguridade e a mobilidade do municipio a través de ferramentas de analítica de presenza, Smart Parking, pasos de peóns intelixentes, cálculo de persoas e vehículos, monitorización do tráfico e fluxo de vehículos, controis de aparcamento, de capacidade e de baixas emisións, e acceso restrinxido.
- A súa achega a unha maior eficiencia enerxética baséase en aspectos como a telexestión da iluminación urbana, o control enerxético de consumo ou o aparcamento de carga eléctrica.
- Ademais, contribúe ao posicionamento do municipio como destino turístico intelixente mediante o deseño e desenvolvemento de webs e apps turísticas, a sensorización de fluxos turísticos, a habilitación de tótems interactivos multimedia e sinalizacións intelixentes.
A ciberseguridade, clave no proceso de transformación dixital dun municipio
A ciberseguridade é un dos maiores retos aos que cómpre dean resposta os municipios nos seus proxectos de dixitalización. Porque a implementación e a xestión de tecnoloxía de forma incorrecta pode supoñer unha fenda de seguridade para as administracións públicas.
Neste contexto, é indispensable coñecer as posibles vulnerabilidades e ter capacidade de reacción ante calquera ameaza ou ataque para protexer datos, redes e equipos de forma eficaz.
Dende R ofrecemos solucións de ciberseguridade adaptadas ás necesidades de pequenos e grandes núcleos que abordan un bo número de situacións diversas.
Por exemplo, poñendo en marcha contas e dominios seguros para que poidades enviar correos electrónicos con seguridade, ou realizando o filtrado de URL, control de malware e acceso a sitios maliciosos para unha navegación limpa.
Outra das súas vantaxes é a consolidación dunha rede e un posto de traballo seguros grazas á revisión de aplicacións, vulnerabilidades, antivirus, malware e mesmo dispositivos USB e contando sempre con políticas de seguridade actualizadas. Ademais, contaredes cun backupde arquivos que inclúe copia de seguridade de ata 100 GB por equipo.
E todo iso co soporte e a atención personalizada que nos gusta en R, que vos achegará informes periódicos e permitiravos consultar dúbidas e realizar consultas sempre que o necesitedes.
Porque con CityMAX queremos achegarvos todo o necesario para acompañarvos na transformación dixital e ‘ciberprotección’ do voso municipio.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial empresas a través do teu asesor persoal ou do seguinte formulário.