Do 21 ao 28 de novembro celébrase a primeira edición de Mobile Week Coruña, un evento impulsado polo Club Financiero Atlántico co apoio do Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e AMTEGA.

A iniciativa reunirá a artistas, enxeñeiros, científicos, filósofos e profesionais da industria TIC.

O evento, dentro da temática Futuro Cotián, ten como obxectivo crear un espazo aberto e gratuíto para o debate e a reflexión sobre o impacto de transformación dixital na vida das persoas do eixo atlántico.

Durante unha semana, 100 relatores, 40 actividades e 20 espazos ao longo de cidades de toda a provincia da Coruña encherán un programa divido en catro eixos principais:

  • mWeek TALKS: un espazo de debate para reflexionar sobre como a revolución dixital inflúe na vida das persoas.
  • mWeek LAB: un espazo con demostracións e talleres sobre cultura, tecnoloxía, robótica e ciencia.
  • mWeek KIDS: un espazo cheo de actividades para toda a familia.
  • mWeek GALLERY: un programa cultural paralelo ao evento organizado en colaboración con institucións e colectivos artísticos, onde gozar de exposicións, talleres e visitas guiadas.

Aínda que o evento é gratuíto, para asistir é necesario inscribirse previamente nesta web.

R tamén estará no Mobile Week. Ofreceremos tanto para nenos como para adultos distintos talleres nos que esperamos que participes. Tes máis información neste post.

Vémonos alí 😉

Ata pronto!