Aínda que os ciberataques máis coñecidos son a grandes empresas, o certo é que as pemes son máis vulnerables porque, en xeral, atópanse máis desprotexidas.
Unha peme non se pode permitir contratar persoal especializado e realizar grandes investimentos en solucións de seguridade, tal e como fan as grandes empresas. Mais a transformación dixital chegou para quedar, tamén nas pemes, e isto implica que cómpre que a pequena e mediana empresa teña unha estratexia en ciberseguridade que atenda á totalidade dos procesos da organización.
En R queremos axudarvos a minimizar o risco de sufrir un ciberataque, e aquí enumerámosvos algúns consellos que vos virán ben para coidar a seguridade das vosas empresas:
- Protexer os dispositivos, estean onde estean: hoxe xa non só se traballa na oficina; é necesario un antivirus que protexa o equipo, se conecte onde se conecte a internet.
- Facer copias de seguridade dos datos, sobre todo dos importantes, e cifrar a información sensible.
- Usar contrasinais únicos e diferenciados por roles e usuarios controlados por unha única persoa encargada desa tarefa na empresa.
- Evitar descargas de arquivos dende ligazóns ou correos sospeitosos confirmando a súa procedencia e autenticidade sempre que sexa posible e sospeitando se solicitan máis datos dos necesarios.
- Usar redes corporativas seguras independentemente da localización dende a que esteades a traballar; en pleno auxe do teletraballo, as redes VPN son unha boa alternativa para evitar conectarvos a redes privadas ou públicas alleas á empresa.
- Coñecer e aplicar as políticas e normativas vixentes en materia de Seguridade e Protección de Datos.
A día de hoxe, cada ataque cústalle á empresa que o sofre unha media de 35.000 €; por tanto, a prevención, o control en remoto e a resposta a incidentes de ciberseguridade vólvense claves para garantir a supervivencia da vosa empresa.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións avanzadas para empresas en materia de ciberseguridade, subscríbete ao noso boletín ou contacta co noso equipo da área Comercial Empresas.