A ciberseguridade converteuse nun dos maiores crebacabezas das pemes. Os ciberataques van en aumento ao mesmo tempo que nos atopamos con que aproximadamente un 80% das empresas non dispoñen aínda dunha política de ciberseguridade adecuada.
Incidencias como a recente do SEPE (Servizo Público de Emprego) de Phising ou suplantación de identidade; de ramsonware ou secuestro virtual de información e ataques á cadea de subministracións son algúns dos principais tipos de ataques que sufrides a día de hoxe as empresas, ás que en ocasións vos custa identificar os motivos destes ataques. Pero debedes ser quen de detectar claramente cales son as vosas principais vulnerabilidades para lles facer fronte Aínda que os ciberataques sempre están actualizándose e reinventándose, hai unha serie de aspectos que as empresas debedes coidar especialmente para protexervos.
En primeiro lugar, prestade especial atención aos dispositivos móbiles e ao uso dos servizos na nube ou nas redes sociais. Deben ser de uso exclusivo da empresa e cómpre que todo o persoal sexa consciente da necesidade de facer un bo uso deles e de poñer en coñecemento do responsable de seguridade calquera extravío ou problema sospeitoso. INCIBE publicou recentemente algunhas recomendacións a respecto diso.
Imponse a necesidade de concienciar ao conxunto da empresa da necesidade de coidar a ciberseguridade a través da formación e da implantación dunha política de seguridade detallada e actualizada que todos coñezan e que inclúa pautas claras para casos de incidencia.
A ciberseguridade non é só un gasto, senón unha necesidade que evita males, e gastos maiores. As empresas, especialmente as de menor tamaño, móstranse remisas a investir en ciberseguridade, moitas veces por crerse alleas a este tipo de ataques; pero a realidade móstranos que na actualidade son precisamente as pemes as que concentran máis da metade dos ciberataques. E isto non só lle abre a porta a perdas de información e fraudes de clara repercusión económica senón que ademais pode retardar e mesmo frear totalmente a actividade da vosa empresa, polo que debedes contar con plans de continuidade de negocio deseñados para estes supostos que vos permitan continuar co traballo e que os vosos clientes non se vexan afectados.
É indispensable, ademais, a capacidade de detección e reacción rápida ante calquera ciberataque. Se dispoñedes de solucións tecnolóxicas adecuadas, este factor deixa de ser un problema; de aí a necesidade de contar sempre con ferramentas actualizadas e cun departamento ou un responsable de seguridade que se encargue destas tarefas ou, se o preferides, dunha empresa externa especializada en ciberseguridade.
En R contamos con solucións de seguridade que protexen a información da empresa e minimizan o risco de sufrir un ciberataque.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas.