A biometría é unha tecnoloxía que usa características físicas ou de comportamento únicas de cada individuo para verificar a identidade. Está estreitamente vinculada á ciberseguridade porque as tecnoloxías biométricas utilízanse, cada vez, máis para mellorar a seguridade na autenticación ou no control de accesos físicos e dixitais.
Acceder á oficina, facer unha pregunta a un asistente virtual, autorizar pagos, desbloquear un dispositivo electrónico... Para todo iso podemos utilizar técnicas de biometría avanzadas.
A biometría achega gran nivel de fiabilidade e axilidade e a súa falsificación é realmente difícil. Así que é unha grande aliada en materia de ciberseguridade para empresas de todos os sectores e tamaños.
Tipos de biometría
De maneira xeral podemos falar de dúas tipoloxías básicas de biometría:
• Biometría física, a baseada en trazos corporais. Exemplos deste tipo de biometría son a pegada dactilar, o recoñecemento facial ou de voz ou o escaneo de retina ou iris. Unha das modalidades máis innovadoras e sofisticadas é a xeometría da man, de grande utilidade para espazos que necesitan un nivel moi elevado de protección e seguridade.
• Biometría de comportamento, baseada en patróns de uso e comportamento. Aquí atopamos a dinámica de tecleo ou uso do rato ou a análise da marcha.
Tanto as técnicas de biometría física como as de biometría de comportamiento utilizan para a identificación características únicas e non transferibles. Cada persoa ten o seu propio ritmo de escritura ao teclado ou a súa persoal maneira de camiñar, o cal converte esta técnica nunha das máis seguras e difíciles de replicar de maneira fraudulenta.
Esta é unha das razóns principais que converteu á biometría nunha ferramenta tecnolóxica moi utilizada actualmente en materia de ciberseguridade, substituíndo en moitos casos (ou complementando) métodos tradicionais como as tarxetas de acceso ou os contrasinais.
Atopamos técnicas de biometría aplicadas ao desbloqueo de PCs ou smartphones ou ao acceso á oficina (virtual ou física); á entrada en grandes recintos para un espectáculo; ao recoñecemento da nosa voz cando realizamos preguntas ou peticións a un asistente virtual; ou á realización de transferencias bancarias.
Vantaxes de aplicar a biometría á ciberseguridade
Ademais dunha maior seguridade, que outras vantaxes achega a biometría en relación coa ciberseguridade?
• Comodidade, pois "a túa identificación" vai sempre contigo, non require de ningunha documentación
ou dispositivo adicional. Tampouco fai falta lembrar contrasinais.
• Rapidez e verificación instantánea, eliminando procesos manuais.
• Control e auditoría de accesos. A biometría proporciona un rexistro exacto de quen entra e sae, control
de horarios...
• Identificación segura en envíos ou transferencias, ademais de contar coa posibilidade de realizar
rastrexos ou seguimentos se hai algunha incidencia.
• Redución da fraude en transaccións (internas e externas) e no envío de comunicacións.
• Protección adicional de documentos confidenciais.
E, como diciamos, maior seguridade, xa que é especialmente complicado roubar ou suplantar os datos que utiliza para a autenticación.
Desafíos pendentes da biometría
Así que biometría e ciberseguridade constitúen unha eficaz combinación con gran potencial presente e futuro. Pero tamén se enfronta a unha serie de desafíos.
Aínda que as técnicas de seguridade biométrica son cada vez máis innovadoras e sofisticadas, aínda teñen por diante algúns retos pendentes.
Entre eles, os falsos positivos ou negativos, que seguen xerando erros e receos; as solucións en caso de roubo ou subtracción, xa que un contrasinal hackeado pódese cambiar pero os trazos biométricos físicos ou de comportamento de alguén non son modificables; e tamén as dificultades e dúbidas sobre a lexislación en materia de privacidade.
Doutra banda, poñer en marcha nunha empresa técnicas de biometría adoita requirir de certo investimento, ademais de coñecementos e tempo.
En calquera caso, cada vez existen no mercado máis opcións económicas e sinxelas aptas para todo tipo de organizacións. E as reticencias iniciais ao cambio disípanse en canto se fan evidentes na práctica as vantaxes do uso dunha tecnoloxía especialmente útil no actual contexto dixitalizado, que tanto necesita protexer a súa ciberseguridade.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas de ciberseguridade para empresas, como Scudo, subscríbete ao noso boletín ou contacta co/coa teu/túa asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.