Sabedes que un 80% dos usuarios consultan na internet antes de comprar un produto? Contar cunha tenda na internet ben posicionada é a mellor maneira de vender máis e a novos/as clientes/as.
Imaxinádevos a vosa tenda na internet: está aberta 24 horas ao día, conta con dominio propio e cun catálogono que podedes detallar en cada produto ou servizo prezo, talles ou inserir imaxes e mesmo vídeos.
E todo o proceso de compra realízase de forma sinxela e intuitiva mediante unha pasarela de pago segura e con multitude de métodos de pago e envío.
Que lle achegará ao voso negocio unha tenda en liña?
Unha tenda en liña é o mellor escaparate para a vosa empresa ou negocio. O voso espazo xa non se reduce a un sitio físico concreto e, con iso, multiplícase o número de potenciais clientes/as, que poden acceder dende calquera lugar e dispositivo.
Podedes elixir se queredes dirixirvos a un mercado local, nacional ou internacional ou vender en redes sociais como Facebook ou Instagram. Ademais, na maioría dos casos é posible a integración cos principais marketplaces, como Amazon ou Google Shophing.
Os vosos resultados mellorarán se ademais conseguides un eficaz posicionamento orgánico (SEO) en procuras en liña, elixindo as palabras clave que máis vos representan e contando cunha web accesible e con deseño responsive, adaptado a diferentes dispositivos.
Ademais de plataforma de venda, unha tenda na internet achega imaxe e identidade.
Para empezar, é unha aposta pola dixitalización, imparable a día de hoxe, e necesaria tanto para chegar a novos sectores de mercado como para ofrecer aos vosos/as clientes/as as opcións de compra en liña que están a demandar. Ofrecer unha solución de comercio electrónico accesible e que cumpra todos os estándares dos regulamentos RGPD convértese nunha necesidade.
Cunha tenda en liña conseguides unha nova canle de comunicación cos/as clientes/as que mesmo vos permite realizar e difundir promocións ou sorteos. Se o facedes de forma efectiva, crearedes unha comunidade dixital de usuarios que vos achegarán beneficios non só en vendas, senón tamén en notoriedade e visibilidade.
As tendas en liña dispoñen de ferramentas que vos servirán para coñecer mellor os hábitos e necesidades dos vosos/as clientes/as e do mercado. É interesante implementar un bo sistema de analítica web que vos achegue información detallada sobre os procesos de compra. Por exemplo, se un cliente/a non chegou finalizar unha compra podedes contactar con el/ela para ofrecerlle unha oferta de produtos similares, personalizando así a venda. A maior personalización e mellor experiencia de usuario/a, maiores posibilidades de fidelización.
Doutra banda, dispoñeredes de feedback en tempo real sobre cales son os produtos ou servizos máis buscados e poderedes actuar en consecuencia; sempre é máis fácil e menos custoso reorientar unha estratexia dixital que un espazo físico condicionado por tamaño ou localización, entre outros. Porque outra das principais vantaxes do comercio electrónico é que reduce de maneira significativa os custos, tanto da infraestrutura necesaria para vender como os gastos de xestión ou mantemento.
Cando se vende por internet, o número de marcas e a variedade aumenta pero debedes coidar a xestión de inventario e mercadoría. As vendas en liña son áxiles e aforran tempo e a necesidade de traslado á tenda física pero o cliente en liña é máis propenso a realizar noutra web a compra se a resposta e o envío non son rápidos e eficientes.
Non deixedes pasar a oportunidade de facer crecer e rendibilizar o voso negocio a través de internet co comercio electrónico. Agora, en R apoiámosvos coa tramitación do ‘Kit Dixital’ para a transformación do voso negocio ou empresa, e o comercio electrónico é unha das solucións dixitais dispoñibles.
Tedes máis información sobre comercio electrónico no webinar 'La mejor estrategia para desarrollar tu e-commerce'.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas.