backup R permite que os datos da túa empresa estean seguros en caso de perda, avaría ou problemas como o ciberataque de ransomware que ocorreu hai uns meses. Protexe os datos da túa empresa e asegúraos facendo unha copia de seguridade con esta solución tecnolóxica. Aproveita para contratalo canto antes porque está con prezo promocionado .
Ante calquera caso de perda dos arquivos da túa empresa podes recuperalos a través da interface web da solución backup R. O seu uso é automático través da web: unha vez seleccionados os cartafoles, o backup é desasistido. Ademais se non tes acceso a un computador para realizar esta operación, podes facelo a través do teu teléfono móbil. Xa ves que o seu uso é moi fácil, polo que non che vai facer perder o tempo ao estar todo automatizado. E grazas a iso terás os teus datos sempre protexidos por se volve ocorrer outro cibertaque (que esperemos que non).
Quen o pode contratar?
Pequenas ou medianas empresas e profesionais que non dispoñen da estrutura técnica necesaria para realizar este tipos de copias de seguridade. En moitas ocasións teñen á súa disposición copias de seguridade, pero situadas nun sitio fixo pero desexan desubicalas para aumentar a súa seguridade e a súa tranquilidade.
Despachos de avogados, xestorías, consultas médicas, colexios profesionais, entre outros, contan con esta solución na que soamente é necesario ter acceso a internet.
Por que backup R e non outro servizo?
Como xa sabes, existen solucións gratuítas que che permiten que sincronices manualmente os arquivos do teu computador ou móbil para subilos á nube. É unha opción, pero non é o mesmo. Por que? En primeiro lugar porque tes que subir os teus ficheiros para telos sincronizados na túa conta na nube. A diferenza de backup R é que garda unha copia cando o teu servidor ten menos actividade. Ademais, sempre se fai un backup automático, mínimo unha vez ao día, aínda que non se realicen cambios nos ficheiros.
Outra vantaxe de backup R fronte a facer copias de seguridade en discos externos ou USB's é que no caso de que teñas algún arquivo infectado sempre poderás acceder a outras copias de ata 30 días.
Por outra banda, backup R facilítache o cumprimento da LOPD fronte a outras alternativas. Para cumprir a lei actual (Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD), do 14 de abril de 2017) e o futuro regulamento europeo a mellor medida para contrarrestar o risco que supón a perda ou corrupción de datos nos sistemas dunha empresa é a execución de políticas de backup, a ser posible coa conservación de copias nun lugar diferente de onde se atopan os equipos informáticos, sendo o mais práctico e económico o backup en cloud como é o backup R.
Está todo no noso datacenter, tes unha copia de respaldo diaria automática (30 días de backup), contas cun procedemento para recuperar os datos e a transmisión de información é través de redes cifradas, do mesmo xeito que tamén está cifrado o almacenamento.
Canto custa backup R?
¡Estás de sorte! Se contratas hoxe mesmo o servizo backup R poderás desfrutalo gratis durante dous meses. E partir do terceiro mes o seu prezo será de 8,47€ (IVE incl.).
A versión máis sinxela de backup R nun computador ou servidor pon á túa disposición 50 Gb con copias diarias automáticas e a posibilidade gardar diferentes cartafoles mantendo un histórico de 30 días.
Sabemos que non todas as empresas son iguais e poida que ti necesites moita máis capacidade porque o teu negocio ten unha estrutura máis complexa. Non te preocupes, porque podemos ofrecerche a mellor opción para ti e as túas necesidades.
Ata a próxima!