Os autónomos e empresas do rural galego terán á súa disposición unha serie de subvencións para a contratación de internet de alta velocidade, tal e como acaba de publicar o DOGA.

Esta iniciativa enmárcase dentro do Plan de Banda Larga 2020 que puxo en marcha a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para a cobertura de redes de banda larga ultrarrápida en Galicia.

Requisitos

As empresas que queiran desfrutar desta tecnoloxía teñen ata o 11 de maio para facer a solicitude e cumprir os seguintes:

  • Non ter contratado nin poder contratar no lugar da empresa unha conexión con 30 ou máis megas.
  • Manter a contratación deste novo servizo ao longo dun ano como mínimo.

A Amtega destina a esta convocatoria un orzamento de 500.000 euros, que se poderá ampliar ata un máximo de 1 millón de euros, en función da demanda. Estas axudas subvencionarán ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, ata un máximo de 20.000€ por beneficiario. Non obstante, os proxectos deberán ter un custo mínimo de 2.000€.

Pequenas empresas

Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020(PDR).

Para cada solicitude valorarase a mellora que supón o servizo de banda larga ultrarrápida incluído na proposta, o esforzo inversor previsto e valoraranse tamén as solicitudes recibidas das pequenas empresas.

Ata a próxima!

Imaxe de Jonathan Velasquez.