A Xunta de Galicia, concretamente a Consellería de Economía, Emprego e Industria, lanzou un novo paquete de axudas para a dixitalización das pequenas e medianas empresas galegas.
Estas axudas enmárcanse dentro do desenvolvemento da Axenda Industria 4.0 e o seu obxectivo é mellorar a competitividade de 115 pemes galegas no sector tecnolóxico, para iso destinaron 2,8 millóns de euros para a súa dixitalización
Para que proxectos podo solicitar estas axudas?
Os proxectos para os que se poden solicitar este tipo de axudas son: desenvolvemento de software para franquías do sector da construción, xestión integral de subcontratas en empresas de mecanizado industrial e mellora da loxística no sector farmacéutico.
Os proxectos dixitais nos que se inclúan varias empresas e que estean coordinados por un organismo mediador terán prioridade sobre proxectos individuais de pemes.
Estas axudas tamén destinan financiamento a procesos de formación en dixitalización.
Prazo
Tes ata o 15 de marzo para solicitar estas axudas que te axudarán a dixitalizar a túa empresa.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata a próxima!
imaxe de rawpixel.com