En R queremos manterche sempre informado para que poidas usar os nosos servizos con total tranquilidade. Nas últimas semanas detectamos un novo tipo de fraude relacionada coa recollida falsa de smartphones de alta gama. É importante que esteas alerta e saibas como actuar se che ocorre.

En que consiste esta fraude?

Algúns clientes recibiron chamadas facéndose pasar por R, onde lles piden devolver un smartphone acabado de contratar, alegando diferentes escusas (erro no envío, fallo no pedido, cambio de modelo etc.).

En R nunca te chamaremos para pedirche que devolvas un teléfono que acabas de adquirir, nin enviaremos a ninguén a recollelo se ti non o solicitaches previamente.

Como recoñecer que se trata dunha fraude

Ten en conta estes sinais de alerta:

  • Chámante dicindo que hai un erro e que debes devolver o móbil que contrataches.
  • O suposto axente méteche presión ou pídeche actuar con urxencia.
  • A explicación que che dan é confusa ou non coincide co proceso habitual de R.

Se recibes unha chamada así, non entregues o teu dispositivo a ninguén e non compartas datos persoais nin códigos.

Que debes facer se che ocorre?

Ante a mínima dúbida, ponte en contacto connosco.

O máis sinxelo é que nos envíes un Whastapp ao 604 029 777 e confirmarémosche de inmediato se a información é real ou non.

No Whatsapp de R estamos para axudarche e acompañarte en todo momento, de luns a venres, de 8:00 a 22:00 h e os sábados de 9:00 a 14:00 h.

Cando si recollemos en R un dispositivo ou móbil?

Para que o teñas claro, só recolleremos un dispositivo no teu domicilio nestes casos:

  • Cando o propio cliente solicita unha recollida para xestionar unha garantía.
  • Cando substituímos un equipo (por exemplo, un router ou un dispositivo que quedase obsoleto).

Fóra destas situacións, non pediremos que entregues o teu móbil.

O dito, ante calquera chamada que che pareza estraña, non dubides en contactarnos. É a mellor forma de evitar riscos e posibles fraudes.